VENUS de LEA GLOB e METTE CARLA ALBRECHTSEN
(VENUS)
DINAMARCA/NORUEGA 2016;
80’ V.O.S.C.
SINOPSE
Dúas directoras danesas convocan unha proba como parte do proceso para facer un filme erótico dirixido por e para mulleres. Como resposta á chamada, preséntanse máis de cen mulleres que falan directamente á cámara sobre as súas fantasías eróticas, desexos e frustracións. A medida que avanza a rodaxe, as entrevistadas ábrense máis e a trama vai tomando forma. As directoras, sen telo previsto, cren que estas sesións íntimas son o filme que necesitaban facer.
LEA GLOB
Guionista e realizadora nada en Dinamarca no 1982. Graduada pola National Film School of Denmark. Ten unha recoñecida traxectoria na televisión. O seu primeiro filme Meeting My Father Kasper Top Hat (2011), foi premiado no Festival de Televisión de Sichuan.
METTE CARLA ALBRECHTSEN
Guionista e realizadora nada en Dinamarca no 1980.
Estuda no Graphic Arts Institute de Copenhague e traballou para distintas axencias de publicidade antes de graduarse na National Film School of Denmark. No ano 2011, xunto con Lea Glob, acadaron o Premio Nordic Talent Pitch polo seu proxecto Human Female Sexuality.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://www.eldocumentaldelmes. com/es/doc/venus-2/
http://www.eldocumentaldelmes.
Posted by
Fernando Llor




