PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL DE VENECIA, 1971
PREMIO AO MELLOR ACTOR EZZATOLAH ENTEZAMI, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO 1971
PREMIO OCIC NO FESTIVAL DE BERLIN, 1972
SINOPSE
Baseada na novela do escritor iraniano Gholam-Hossein Saedi.
Nunha illada vila iraniana, o propietario dunha vaca descobre, á volta dunha viaxe de negocios, que a vaca está desaparecida. En realidade está morta, pero os demais veciños non se atreven a contar a verdade, xa que a súa identidade e posición social dependen da vaca. El está obsesionado con atopala.
DARIUSH MEHRJU
Director, guionista e produtor nado en Teherán no 1939. Debuta na longametraxe no 1966 con Diamond 33, unha parodia da serie de películas de James Bond. En 1970 dirixe Postchi, coa que se enfronta aos mesmos problemas de censura que Gaav, aínda que acada a súa estrea no 1972, obtendo tamén numerosos premios e prestixio internacional. Algúns críticos comparan o seu cine cos filmes de Roberto Rosselini, Vittorio De Sica e Satyajit Ray. Un tema constante no seu traballo é a atención aos descontentos do Irán contemporáneo, principalmente urbano. O seu filme The Pear Tree (1999), ten sido aclamado como unha reflexión fundamental sobre a burguesía iraniana
Membro da Academia Iraniana das Artes. Foi membro fundador do movemento da Nova Vaga Iraniana de principios dos anos setenta. Esta é a súa segunda longametraxe; é considerada o primeiro filme deste movemento, que tamén inclúe a Masoud Kimiay e Nasser Taqvai. Filme prohibido durante máis dun ano polo Ministerio de Cultura e Artes iraniano.
A maior parte da súa obra está inspirada na literatura. Fai adaptacións de novelas e obras teatrais iranianas e de fóra. Outros dos seus traballos: Che khoobe ke bargashti (2013), Ashbah (2014). Mona é o seu último filme.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
https://lanochedelcazador. wordpress.com/2016/03/12/la- vaca-de-dariush-mehrjui-iran- 1969/
https://lanochedelcazador.
Posted by
Fernando Llor



