«LAULU KOTI-IKÄVÄSTÄ»
(CORAZÓN SUECO, SANGUE FINÉS)
VOSC. COR • 90 min.
*GRAN PREMIO DO PÚBLICO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TAMPERE, 2013
* PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NÓRDICO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GÖTEBORG, 2013
*MENCIÓN DE HONOR NO OSLO EURODOK. NORUEGA, 2013.
SINOPSE
Un músico retirado emprende unha viaxe en coche co seu pai na busca dunha identidade ambivalente: a de ser finés criado en Suecia. Xuntos conducen dende o norte de Finlandia até o sur de Suecia para volver a visitar os lugares onde viviron dende a infancia até a adolescencia.
MIKA RONKAINEN
Realizador, produtor, compositor, montador, fotógrafo e guionista finés. Iníciase no ano 1994 coa realización de varias curtametraxes documentais até ser nomeado pola revista Variety como un dos dez directores europeos a seguir este ano. Ten dirixido documentais multipremiados como Screaming Men,Freetime Machos ou Our Summer, seleccionados en festivais como Sundance, IDFA ou Tribeca.
Este é o seu último traballo.
