«O ESTUDANTE»
(EL ESTUDIANTE)
VO · Cor • 111 min.
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR PRIMEIRO FILME, MELLOR ACTRIZ E MELLOR ACTOR, NOS PREMIOS DA ACADEMIA DE ARTE E CIENCIAS DE ARXENTINA, 2011
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR PRIMEIRO FILME, E MELLOR ACTOR, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DO CINE ARXENTINO, 2011
* PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE BOS AIRES, 2011
* PREMIO AO MELLOR FILME E MELLOR ACTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CARTAXENA, 2012
* PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LIMA E LLEIDA, 2012
SINOPSE
Un mozo do interior chega a Bos Aires para cursar estudos universitarios. Non pasa moito tempo até que descobre que non quere estudar. Sen vocación nin rumbo, dedícase a deambular pola facultade, a facer amizades, a mocear. Unha profesora adxunta introdúceo na militancia política.
SANTIAGO MITRE
Guionista, realizador, actor e montador nado en Bos Aires no 1980. Moi vinculado ao cine no seu país dende moi mozo, foi co-guionista de filmes tan coñecidos como Carancho ou Leonera. Escribe e dirixe a curtametraxe O escondite (2002). É tamén un dos catro directores do filme O amor (1ª parte), BAFICI 2004, Venecia 2004.
Esta é a súa primeira longametraxe en solitario. O seu último traballo é Os posibles (2013)
Podedes ollar o trailer aquí