LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA (AS MESTRAS DA REPÚBLICA)
ESPAÑA 2013
65 minutos/ COR V.O.
SINOPSE
As mestras republicanas participaron na conquista dos dereitos das mulleres e na modernización da educación, baseada nos principios da escola pública e democrática. Este documental descobre o seu legado.
PILAR PÉREZ SOLANO
Guionista, produtora e realizadora nada en Alacante. Estuda na Complutense, en Madrid, Imaxe e Son, e completa os seus estudos na Escola de Cine TAI. Tras uns anos traballando en produción de cine, no 1993 incorpórase ao equipo de produción propia de Canal+. Como directora de produción deste departamento ten producido títulos como Lisboa, Faca no Coraçao, Poeta en Nova York, programas especiais sobre os Oscar, Vivir e morrer nas Vegas, sobre o mundo da publicidade, sobre arte, sobre cine Auster e Wang. Ademais, produce unha serie de reportaxes de actualidade baixo o título Código Plus. No 2000 incorpórase ao equipo de Produce +, traballando coas principais produtoras españolas, Dalí, Mestre de soños, Picasso e as súas mulleres, Chavela Vargas, 50 anos esperando a Mr. Marshall. No 2003 iníciase como directora dentro do Grupo Sogecable dirixindo documentais e programas, Universo Hip Hop, Mil e unha Lolas Presidentes de Película, A fama e o seu séquito, entre outros. No 2007, abandona Sogecable e crea produtora propia, Transit Producciones S.L. Tras diferentes proxectos na produción, no 2010 dirixe e produce o documental Murais. Tamén dirixe as galas e colabora co festival de Cine de Cuenca, Mulleres en dirección, dende o seu inicio.
Este é o seu último traballo.
*Haberá unha presentación e posterior coloquio a cargo de Rogelio Pérez Poza. Profesor do IES Xunqueira de Pontevedra e Secretario da Fundación Luis Tilve.
A entrada a esta proxección é libre e gratuita até completar aforo, grazas á colaboración da FETE, UGT.
Podedes ollar o tráiler en: http://www.rtve.es/alacarta/videos/premios-goya/trailer-maestras-republica/2355246/
