LA NUIT, ELLES DANSENT (DE NOITE, ELAS BAILAN)
CANADÁ/EXIPTO 2010;
80 minutos/ COR V.O.S.C.
-PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL, CAMDEN, 2011.
-PREMIO GENIE AO MELLOR DOCUMENTAL, 2012
-PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL DE DOCUMENTAIS DE BARCELONA, 2012
SINOPSE
Nárrase a historia dunha familia do Cairo e dun clan de mulleres onde a arte de bailar se transmite de nais a fillas dende tempos remotos. A matriarca conduce a un tempo familia e negocio, ás veces con paciencia, pero case sempre con man dura. No pequeno apartamento familiar emerxen queixas e súplicas, caos, e medo. As liortas tamén deixan espazo aos agarimos e á esperanza dunha vida mellor.
ISABELLE LAVIGNE
Guionista, actriz, escenógrafa, e realizadora. Estudou na Universidade de Québec. Dende o seu primeiro documental J.U.I.C.E. a súa obra ten sido recoñecida internacionalmente. Outros dos seus traballos, Junior (2008) e 4125, Parthenais (2001).
Este é o seu último traballo.
STÉPHANE THIBAULT
Guionista e realizador. Estudou na Universidade de Montreal. Ten dirixido varias curtametraxes e documentais. É o autor de Nunca fales co descoñecido (1995) -Mellor documental no Festival Internacional de Figueira da Foz- . Jacques Le Beau (1998), - Gran Premio, Curtametraxe, no Festival Internacional de Documentais Marsella- . Os xustos (2002), Júnior (2007). De volta en Estados Unidos (2008).
Este é o seu último traballo.
Podedes ollar o tráiler en: www.youtube.com/watch?v=ZfVBN9_C5BM
