Demo

DIABLO (DEMO)
ARXENTINA 2011;
85 minutos/ COR V.O.


-PREMIO Á MELLOR ÓPERA PRIMA DO INCAA, 2012

SINOPSE

O Inca do Sinaí, xa no quere pelexar máis. A súa carreira no ring rematou bruscamente ao matar dun puñazo a un rival. Pero hoxe non é un día para pensar niso. A súa ex moza vén visitalo en son de paz, hoxe é un bo día. Até a inesperada visita do seu primo, a ovella negra da familia. Hoxe pode ser un deses días nos que todo muda. Só falta saber se é para ben.

NICANOR LORETI 

Guionista, escritor, actor, iluminador, montador, produtor e realizador nado en 1978, en Bos Aires, Arxentina. Como periodista de cine ten escritos diferentes artigos para revistas e tamén ten publicado un libro de entrevistas Cult People. Iníciase profesionalmente no sector audiovisual como produtor executivo do documental Parapolicial Negro e produtor asociado do western, Left for Dead. Como guionista coescribe xunto a Germán Val, Breaking Nikki, un filme independente de terror, e participa no guión de A memoria do morto de Javier Diment. Logo dirixe La H (2011), un documental sobre a banda heavy Hermética.

O ano próximo ten previsto publicar Cult People 2.

Con este filme debuta na realización de longametraxes, aínda que ten dirixido varias curtas con anterioridade: Nathán: O peluche asasino (2000), O corvo (2005), e Mala sangue (2009).

Este é o seu último traballo.

Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=jXUypdV2bNY

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger