CENTRO HISTÓRICO


HISTÓRIAS DO CINEMA (CENTRO HISTÓRICO)

PORTUGAL 2012;

90 minutos/ COR V.O.S.C.
       

SINOPSE
Guimarães (cidade fundadora de Portugal), que historias ten que contar? A resposta a esta pregunta topámola nas distintas voces dos catro realizadores, con olladas únicas do cine e que xuntos participan neste filme. As múltiples dimensións da historia mesturan ficción e realidade; as cousas, non son aquilo que a primeira vista semellan. 


O taberneiro (Kaurismäki), Doce exorcista (Costa), Vidros partidos (Erice) e, O conquistador, conquistado (Oliveira). Catro curtas moi diferentes que teñen como fío condutor a cidade de Guimarães, onde cada unha delas ofrece un pequeno fresco da realidade portuguesa no 2012. Queda latexando no público a calma coa que Erice desenvolve a narración, quédanos un aceno logo de ver a realidade do taberneiro de Kaurismaki, arrepiámonos co relato do Ventura de Costa e pensamos que o fragmento de De Oliveira quizais sexa lixeiro, para o que nos ten acostumados.

*Contaremos coa presenza de Víctor Paz Morandeira, co-director da Cuarta Parede, que virá presentar o libro Jugar con la Memoria. El Cine Portugués del siglo XXI. Haberá exemplares á venda


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger