OH BOY


OH BOY  (OH BOY)


ALEMAÑA 2012; 



85 minutos/ COR V.O.S.C.   




                                                    


-PREMIO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BRATISLAVA, 2012

-PREMIO AO MELLOR FILME INDEPENDENTE, NO OLDENBURG FILM FESTIVAL, 2012

-PREMIO AO MELLOR DIRECTOR MOZO ALEMÁN E PREMIO DA CRÍTICA AO MELLOR PRIMEIRO FILME, NO MUNICH FILM FESTIVAL 2012

-PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR NO TALLINN BLACK NIGHTS FILM FESTIVAL 2012

-PREMIO NEW FACES, AO MELLOR DIRECTOR, ALEMAÑA 2013

-PREMIO MELLOR GUIÓN NA ROMY GALA, AUSTRIA 2013
-PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR ACTOR, TOM SCHILLING, MELLOR DIRECCIÓN, MELLOR MÚSICA, NOS PREMIOS DO CINE ALEMÁN, 2013 
-PREMIO Á MELLOR ÓPERA PRIMA NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO, 2013 

SINOPSE
A sorte semella ter dado as costas a Niko Fischer, soñador, antiheroe sen solución. A moza está cansa de estar ao lado dun lacazán. O pai fai como que non existe e o psicólogo acaba de o declarar emocionalmente inestable. Nin sequera pode acadar unha mísera cunca de café coa que substituír ese alcohol que antes afogaba os seus medos. Tal vez a esperanza de atopar, ao chou, o seu lugar no mundo empúrrao ao vagabundeo por un Berlín en branco e negro a ritmo de jazz.


JAN OLE GERSTER

Actor, produtor, guionista e realizador nado en en 1978 en Hagen, Alemaña do Leste. No 2000, tras rematar os seus estudos, trasládase a Berlín para realizar unhas prácticas na produtora X Filme. Medio ano despois de estar traballando na compañía, xa é o asistente persoal de Wolfgang Becker na exitosa Good Bye, Lenin! (2003). A finais do 2003, inicia os seus estudos de Dirección e Realización na Deutschen Film- und Fernsehakademie (Academia Alemá de Cine e Televisión) de Berlín. Neste tempo fai numerosos cursos de cine e escrebe xunto a Wolfang Becker o guión do episodio Krankes Haus para o filme colectivo Germany 09: 13 Short Films About the State of the Nation (2009).



Con este filme fai o seu debut na longametraxe. É o seu último traballo.


Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=fhyvwb3L7fo

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger