Five days to dance


FIVE DAYS TO DANCE 

(FIVE DAYS TO DANCE) 
                     ESPAÑA 2014                        










SINOPSE

Wilfried Van Poppel e Amaya Lubeigt son os coreógrafos. O holandés, ela vasca. A danza é a linguaxe común. Non importa o lugar. Cinco días, unha clase de mozos, un microcosmos no que sucede un pequeno big-bang.

A danza obriga a estes mozos a romper os seus roles. O líder deixa de ser o máis admirado, o tímido da un paso adiante... Bailar obriga a tocarse. Comunícanse, iguálanse. Algún non se liberará até o último instante.




RAFA MOLÉS 

Director, produtor, guionista e xornalista. En 2012, acadou o premio de xornalista do ano na terceira Edición dos Premios de Periodismo da Comunidade Valenciana. É o creador do equipo de investigación de RTVV e o autor de dezaoito documentais para a televisión.



PEPE ANDREU

Director, guionista e produtor. Licenciado en Ciencias da Información, Imaxe Visual e Auditiva. Ten quince anos de experiencia como produtor televisivo, director de documentais e reporteiro de informativos.

É o último traballo de ambos.




Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger