HISTORIAS DE LAVAPIÉS
(HISTORIAS DE LAVAPIÉS)
ESPAÑA 2014
SINOPSE
Ficción sobre a vida de persoas normais e a cotianidade nun momento determinado das súas vidas. Co madrileño barrio de Lavapiés como escenario é inevitable o trasfondo social. Barrio de contrastes culturais e cunha estreita convivencia no que se producen ás veces conflitos éticos e violentos, pero que en ocasións favorecen o diálogo e a solidariedade.
RAMÓN LUQUE
Guionista, escritor, produtor e director. É profesor na Facultade de Comunicación na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid, e Doutor pola Universidade de Salamanca. Licenciado en Xornalismo, practicou esta actividade durante catorce anos de traballo en diferentes medios de comunicación. Tamén é autor das longametraxes O Proxecto Manhattan (2006), e Hollywood (2010), coa colaboración do realizador Juanjo Domínguez.
Investigador e académico do cine especializado en directores cinematográficos como Woody Allen e Ingmar Bergman que o leva a ser o autor de nove libros entre ensaio e ficción. Entre eles destacamos, Na busca de Woody Allen: sexo, morte e cultura no seu cine, Todos somos Woody Allen: neurose e exclusión social, Bergman: o artista e a máscara, Última novela: Cuba, Berlín é outra festa, Helena é un sentimento.
Este é o seu primeiro filme en solitario. É tamén, o seu último traballo.
Podedes ollar entrevistas e tráiler do filme:
