PARTY GIRL
(MIL NOITES, UNHA VODA)
FRANCIA 2014
PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR DIRECCIÓN NO PARIS CINEMA, 2014
PREMIO FIPRESCI AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2014
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, ANGÉLIQUE LITZENBURGER, E GRAN PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BRATISLAVA, 2014
GRAN PREMIO DO XURADO Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE CABOURG ROMANTIC, 2014
CÁMARA DE OURO E PREMIO UNHA CERTA OLLADA, Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CANNES, 2014
SINOPSE
A protagonista ten sesenta anos, gústalle a festa e a diversión cos homes. O seu medio de vida é invitalos a beber nun cabaret preto da fronteira entre Francia e Alemaña. Un día, un vello cliente pídelle matrimonio, o soño de nena tense realizado. Será unha oportunidade para mudar de vida.
MARIE AMACHOUKELI
Directora, guionista e actriz francesa nada en 1979. Diplomada en Estudos Avanzados en Historia das Relixións na Sorbona. Logo incorporase ao Departamento de Guións de La Fémis. Tras rematar a súa formación, roda xunto a Claire Burger, Forbach, curtametraxe premiada co Gran Premio do Festival de Clermont-Ferrand e co segundo premio da Cinéfondation do Festival de Cannes no 2008. Máis tarde, presenta o título Para as mozas é de balde, Premio César á Mellor curtametraxe no 2010 e seleccionado para a Semana da Crítica no 2009.
Con este filme debuta na longametraxe. É o seu ultimo traballo.
CLAIRE BURGER
Directora, montadora, guionista e fotógrafa francesa nada en Forbach, Lorraine. Iníciase no mundo do cine rodando curtametraxes. Debuta na longametraxe con este filme. É o seu ultimo traballo na dirección.
SAMUEL THEIS
Director, guionista e actor francés nado en 1978 en Forbach, Lorraine. Iníciase no mundo do cine como actor. Debuta na longametraxe con este filme. É o seu ultimo traballo na dirección.
Podedes ollar entrevistas e tráiler do filme:
