STILL MINE
(QUÉDATE COMIGO)
CANADÁ 2012
PREMIO AO MELLOR ACTOR, JAMES CROMWELL, NOS PREMIOS GENIE, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, DA GUÍA DE DIRECTORES CANADIANOS, 2013
PREMIO Á MELLOR MONTAXE, DOS MONTADORES DE CINE CANADIANO, 2013
SINOPSE
Unha parella cunha longa vida xuntos enfróntase cun grave problema legal cando ela enferma e as escaleiras da a súa casa convértense nun risco cotiá. El emprega o que sempre tivo, as súas mans, pero dende que el construía casas, o mundo ten mudado moito. As novas leis ameazan con levalo ao cárcere.
MICHAEL MCGOWAN
Director, guionista, técnico de son e produtor canadiano nado no 1966 en Toronto. Graduado na Universidade de Carolina do Norte cun BA en Inglés. De volta ao seu país traballa como xornalista en medios como Toronto Life ou The Globe and Mail, entre outros. Máis tarde inicia o seu traballo na industria da televisión, axudando a crear a serie infantil en stop-motion As aventuras de Henry. Logo escribe e dirixe o filme Na busca dun milagre (2004), con el acada o Premio Outstanding Achievement, outorgado pola Dirección do Sindicato de Directores de Canadá e o Gremio de Escritores de Canadá ao Mellor Filme.
Entre a súa filmografía destacamos: My dog Vincent (1998), A Hockey Musical (2010), Kung Fu Crabtree (2014), The Death of Dr. Ogden (2014). Between, unha serie para a televisión é o seu último traballo.
Podedes ollar entrevistas e tráiler do filme:
