PREMIO ESPECIAL DO XURADO PARA AS ACTRICES REGINA CASÉ E CAMILA MÁRDILA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE SUNDANCE , 2015
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO WORLD CINEMA AMSTERDAM, 2015
PREMIO ESPECIAL DO XURADO C.I.C.A.E. NA SECCIÓN PARONAMA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE BERLIN, 2015
SINOPSE
Unha interna coida ao fillo adolescente dun adinerado matrimonio ao que ten criado dende a infancia. A orde do fogar parece inquebrantabel até que un día chega á casa a súa filla, poñendo en perigro o equilibrio familiar.
ANNA MUYLAERT
Montadora, produtora, guionista e realizadora nada en São Paulo, no 1964.
Estudou cine na Escola de Comunicacións e Artes da Universidade de São Paulo. Como guionista participou nos equipos de creación dos programas Mundo da Lúa (1991) e de Castelo Rá-tim-bum (1995), e de Um menino muito maluquinho (2006), ademais de ter escrito o episodio de Open a Door: O menino, a favela e as tampas de panela, dirixido por Cao Hamburger. No 2005, foi coguionista da serie Filhos do Carnaval, da HBO, e realizou o último tratamento guionístico do filme O ano em que meus pais saíram de férias, ambos dirixidos por Cao Hamburger. No 2007, colaborou nos guións da serie Alice , coa dirección de Karim Ainouz. Como directora dirixiu varias curtametraxes, entre elas: Rock paulista, A origem dos bebês segundo Kiki Cavalcanti (1996), e da longametraxe Durval Discos (2002), premiada como mellor filme e mellor dirección na triséxima edición do Festival de Cinema de Gramado e, no 2009, É Proibido Fumar. Tamén nese ano dirixe o telefilme Para aceita-la continue na linha. No 2012, roda Chamada a Cobrar, a terceira longametraxe.
Este é o seu ultimo traballo.
Podedes ollar o tráiler do filme e as entrevistas coa directora en:
