LES CHEVAUX DE DIEU
(OS CABALOS DE DEUS)
(OS CABALOS DE DEUS)
MARROCOS/ BÉLXICA/FRANCIA 2012
PREMIO FRANÇOIS CHALAIS, AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CANNES, 2012
ESPIGA DE OURO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VALLADOLID, 2012
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ROTTERDAM, 2013
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SEATTLE, 2013
PREMIO LUMIÉRE AO MELLOR FILME FRANCÉS, 2014
PREMIO MAGRITTE AWARDS, Á MELLOR FOTOGRAFÍA, BÉLXICA 2014
SINOPSE
Este
filme fai unha interpretación libre dos atentados terroristas que
tiveron lugar o 16 de maio do 2003 en Casablanca. Nun poboado de
chabolas de Casablanca unha nai fai o que pode por sacar adiante á
familia. O pai atópase nun estado depresivo e dos tres irmáns que ten un
está no exército, outro é practicamente autista e o terceiro, con trece
anos é o xefe do barrio. Miseria, violencia, drogadicción e cárcere fan
que xoguen co islamismo radical. O líder espiritual do grupo encárgase
de dirixir o prolongado adestramento físico e mental dos mozos antes de
anunciarlles que teñen sido elixidos para converterse en mártires.
NABIL AYOUCH
Guionista,
realizador e produtor, nado en 1969 en París. Tras estudar tres anos
teatro en París (1987-1990), inicia os seus estudos como guionista e
director de publicidade. No ano 1992, dirixe a súa primeira curtametraxe
Les pierres bleues du desert. Dase a coñecer internacionalmente no ano
2000 coa longametraxe, Ali Zaoua, prince de la rue. Outros dos seus
traballos: Mektoub (1997), Whatever Lola Wants (2007), My Land (2011).
O seu último traballo é Much Loved, aínda sen rematar.
Podedes ollar o tráiler do filme:
