BERNIE
(BERNIE)
USA 2011
PREMIO LOUIS BLACK LONE STAR, AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE SXSW, 2012
PREMIO TOP, NOS MELLORES DEZ FILMES INDEPENDENTES NOS PREMIOS NBR, 2012
PREMIO
AO MELLOR ACTOR DE REPARTO PARA MATTHEW MCCONAUGHEY, NOS PREMIOS NSFC,
DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DE NOVAYORK, 2012
PREMIO DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE DOS ESTADOS UNIDOS, 2013
SINOPSE
Nunha
vila tranquila e pequena de Texas, un empresario de pompas fúnebres moi
coñecido e querido por todos os veciños inicia amizade cunha viúva
rica. Cando ela comeza a ser excesivamente controladora saltan os
problemas, el fará todo o posible para perdela de vista.
RICHARD LINKLATER
Guionista,
fotógrafo, montador, actor, realizador e produtor, nado en 1960 en
Texas, USA. Dende moi mozo inicia a súa paixón polo cine realizando
experimentos cunha cámara de 8mm. Aos vinte anos comeza a estudar cine
en Austin, alí no 1985, crea a Austin Film Society, onde proxecta ciclos
e películas que normalmente non chegan ás salas da cidade. Tras as
primeiras curtametraxes crea unha produtora e realiza Slacker (1991), o
seu debut na longametraxe e que supón un éxito e permite a rodaxe da
seguinte, Movida do 76. No 1995 acada o Oso de Prata en Berlín con Antes
do amencer, coa que inicia unha triloxía xunto con Antes do atardecer
(2004) e Antes do anoitecer (2013), un traballo sobre o paso do tempo,
unha das obsesións do cineasta. Tras rodar Suburbia, e Os Newton Boys,
no 2001 sorprende coas películas animadas Waking Life, e A Scanner
Darkly, (2006). No 2014 estrea Boyhood, rodada ao longo de doce anos de
seguimento dos actores. ´
O seu último traballo é Everybody Wants Some, aínda sen rematar.
Nos seguintes enlaces podedes ollar entrevistas, tráiler e curiosidades sobre o filme:
