O Gorrión




AL ASFOUR

(O GORRIÓN)
EXIPTO/ARXERIA 1972












SINOPSE 

Filme ambientado en xuño de 1967, nas vésperas da Guerra dos Seis Días en Exipto. Un novo axente de policía destinado nunha vila do Alto Exipto, cuxos habitantes padecen as persecucións dun home de negocios corrupto. O axente atópase cun xornalista que investiga un roubo de armas e maquinaria de guerra por parte duns oficiais. 



YOUSSEF CHAHINE 

Director, actor, escenógrafo, guionista e produtor nado en Alexandría en 1926. Criado no seo dunha familia cristiá católica greco-melquita de orixe libanés. Tras asistir a unha escola católica ingresa no Victoria College. Tras un ano na Universidade de Alexandría, trasládase aos Estados Unidos a estudar no colexio de Pasadena Playhouse. Volve a Exipto cando remata a II Guerra Mundial, e inicia o seu interese pola dirección, deixando o traballo de actor. Debuta no cine con Baba Amin (1950). Un ano despois, recibe a invitación do Festival de Cannes para proxectar Fillo do Nilo (1951). Na súa serie de catro filmes autobiográficos, amosa os éxitos e conflitos da súa vida: Alexandría...Por que? (1978), Unha historia exipcia (1982), Alexandría, de novo e sempre (1990) e Alexandría...Nova York (2004). Outro dos seus filmes máis celebrados é O sexto día (1986), foi a última aparición cinematográfica da cantante e actriz Dalida antes de morrer. 

Heya fawda (2007), foi o seu último traballo. Morreu no Cairo en 2008.


                     

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger