O ollo do Sol





EIN SHAMS 
(O OLLO DO SOL)
EXIPTO/MARROCOS 2007




PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TAORMINA, 2008 

SINOPSE 
É a historia dun barrio desfavorecido e case abandonado, pero que hai algún tempo foi unha das capitais do Exipto faraónico e un lugar sagrado onde estiveron Xesús e a Virxe María. O filme captura a maxia e a tristura da vida cotiá a través da ollada dunha nena de once anos que reside no barrio. Un mosaico de imaxes e sons composto por personaxes dispares. 

IBRAHIM EL-BATOUT 
Director, guionista, montador, produtor e fotógrafo nado en Port-Said no 1963. En 1985 gradúase en Física na Universidade Americana do Cairo. Iníciase profesionalmente como fotógrafo e montador na produtora Vídeo Cairo Production House. De 1987 a 2004, traballa como director de documentais, produtor e fotógrafo especializado en zonas de guerra para canais de televisión internacionais, entre eles la ZDF, ITN, ARTE, ABC, CBS, Canal 4 e TBS de Xapón. Durante ese tempo, cubriu doce guerras, entre elas a de Irak-Irán, o Líbano, a primeira guerra do Golfo, Bosnia, Afganistán, Sri Lanka, Somalia, Ruanda, Zaire, Palestina, Chechenia Kosovo e a segunda guerra do Golfo, entre outras. 
No 2004, tras resultar ferido en dúas ocasións, decide deixar a guerra e voltar a Exipto para facer filmes independentes. Escribe, dirixe e produce a súa primeira longametraxe de ficción, Ítaca (2005). Esta é a súa segunda longametraxe. Logo viñeron Hawi (2010), El sheita elli fat (2012), El Ott (2014), o seu último traballo como director.


                          
Nos seguintes enlaces podedes ollar entrevista e tráiler  do filme:



Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger