BOXING FOR FREEDOM
(BOXING FOR FREEDOM)
ESPAÑA 2015
PREMIO BIZNAGA DE PRATA. SECCIÓN AFIRMANDO OS DEREITOS DA MULLER, NO FESTIVAL DE CINE ESPAÑOL DE MÁLAGA, 2015
MELLOR DOCUMENTAL NACIONAL NO FESTIVAL DE CINE DE ZARAGOZA, 2015
PREMIO MELLOR LONGAMETRAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL EXTREMADOC, 2015.
MENCIÓN ESPECIAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INVISIBLE
SINOPSE
Sadaf Rahimi é a mellor boxeadora de Afganistán, pero debe enfrontarse ás tradicións do seu país, ao medo e ao seu propio destino para ser unha muller libre. Tras voltar ao seu país despois de estar refuxiadas en Irán, ela e a súa irmá Shabnam, están no equipo de boxeo feminino de Afganistán, que se acaba de crear. Os seus éxitos no boxeo e nos estudos converteranas nun referente para moitas mozas afgás. Un camiño non exento de ameazas e dificultades.
SILVIA VENEGAS e JUAN ANTONIO MORENO
Directores, guionistas, montadores e produtores. Licenciados en Xornalismo, están centrados profesionalmente na produción de documentais e contidos audiovisuais. No 2007, fundan a asociación Noestamosdepaso, e no 2010, a empresa Making DOC.
Ademais doutras reportaxes e proxectos audiovisuais, na súa filmografía documental destacamos: Kosovo, a derradeira cicatriz dos Balcáns (2007), Os nenos diamantes de Seydu (2009), Os fillos de mama Wata (2010).
As guerreiras afgás , aínda en produción, é o seu último traballo.
Podedes ollar o tráiler en:
tamén, a entrevista aos cineastas
