No borde


SUR LA PLANCHE 

(NO BORDE)
MARROCOS/FRANCIA/ALEMAÑA 2011







PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL DE FILMES DO SUR DE OSLO, 2011

PREMIO AO MELLOR FILME NO PARIS CINEMA, 2011

PREMIO AOS MELLORES ACTORES, SOUFIA ISSAMI, MOUNA BAHMAD,NOUZHA AKEL E SARA BITIOUI E MELLOR DIRECCIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TAORMINA, 2011

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, SOUFIA ISSAMI, E PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á DIRECTORA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE BRUXELAS, 2011

PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE AMIENS, 2011

PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR GUIÓN E MELLORES ACTORES SOUFIA ISSAMI, MOUNA BAHMAD,NOUZHA AKEL E SARA BITIOUI, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ABU DHABI, 2011


SINOPSE

Na zona antiga de Tánxer viven dúas mozas de Casablanca entre un exército de obreiros que residen na cidade. Durante o día traballan pelando camaróns nun almacén impecable; de noite, traballan a rúa ao tempo que sacan algúns cartos extra trapicheando con aparatos que rouban aos seus clientes.


LEILA KILANI

Directora e guionista nada en 1970 en Casablanca. Marcha a París a estudar económicas. Realiza un máster de Historia e Civilización do Mediterráneo e unha tese na Escola de Altos Estudos de Ciencias Sociais. No 2002 realiza o seu primeiro documental, Tánxer, o soño dos queimadores, nel aborda a cuestión da inmigración ilegal (queimador é a persoa decidida a todo con tal de fuxir, a que non dubida en queimar os seus papeis, a súa identidade, para facer desa partida unha tentativa irreversible). Un ano máis tarde dirixe Zad Moultaka, passages, centrado na figura do pianista dese compositor libanés. Os nosos lugares prohibidos (2008), é o seguinte traballo, un documental no que acompaña durante tres anos a catro familias que teñen sufrido cárcere durante os "anos do chumbo" en Marrocos. 


Este é o seu último traballo e o seu primeiro filme de ficción.


                     

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger