Mysterious object at noon

DOKFA NAI MEUMAN 

(MYSTERIOUS  OBJECT  AT  NOON) 
TAILANDIA    2000;  83’  V.O.S.C.














2000: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VANCOUVER, MENCIÓN ESPECIAL
2001: FESTIVAL YAMAGATA, PREMIO NETPAC, AO DIRECTOR
2001: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE JEONJU, PREMIO WOOSUK AO DIRECTOR




SINOPSE
Filme que xoga coa ficción e o documental. Un equipo de rodaxe vai percorrendo de norte a sur as comunidades rurais de Tailandia entrevistando ao seu paso a unha serie de persoas ás que invita a poñerse diante da cámara. Como xogando ao “cadáver exquisito”, cada personaxe inventa sucesivamente as peripecias dun relato insólito. 




 

APICHATPONG WEERASETHAKUL
Director, guionista, montador, produtor e fotógrafo nado en Bangkok en 1970. Iníciase no mundo audiovisual en 1994 coa realización de curtametraxes. É considerado como un dos cineastas máis orixinais do cine contemporáneo. Os seus traballos son recoñecidos mundialmente e teñen acadado os premios máis desexados. Entre os seus filmes destacamos, Blissfully yours (2002), Síndromes dun século (2006), Uncle Boonmee, recorda as súas vidas pasadas, (2010). É considerado tamén un artista plástico moi influínte; as súas instalacións artísticas teñen percorrido os museos de todo o mundo dende 1998. Nesta disciplina foi galardoado en 2013, co premio da Biennale de Sharjah, e no 2014, co premio de Yanghyun en Corea do Sur. Líricas e misteriosas, fascinantes, raramente lineais, as súas obras establecen unha confluencia coa memoria evocando de xeito sutil e persoal, cuestións políticas e sociais. Traballa á marxe da industria cinematográfica tailandesa, e está moi implicado na promoción do cine experimental e independente a través da súa produtora Kick The Machine Films, fundada en 1999. Este foi o seu debut na longametraxe. Un filme restaurado por Film Foundation presidida por Martin Scorsese e The Austrian Film Museum.
Cemetery of Splendor (2015), é o seu último traballo como director.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger