NEXT (NEXT) USA/ESPAÑA 2015; 72 ’ V.O.S.C.
2015: PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL DE CINE DE MÁLAGA
2015: PREMIO PRIMEIRA VOLADA, OUTORGADO POR O PÚBLICO EN FINESTRA JOVE, DA MOSTRA FILMS DE DONES, DE BARCELONA.
SINOPSE
Exploración das nenas e adolescentes –dende os 6 aos 16 anos– que se mudan aos Ánxeles para acadar un soño universal: ser actrices famosas. Todos os días chegan ao aeroporto felices e contentas, ensaiando audicións na cola do supermercado. Veñen de cidades do medio oeste onde nunca pasa nada. A vida transcorre entre cuartos alugados, axentes, rodaxes, e as clases de actuación. Buscan o anaco do pastel que todos os días prometen na televisión.
ELIA URQUIZA
Directora, guionista, montadora, produtora e fotógrafa.
Estuda Dirección de Cine na Escola CalArts de California. Ten dirixido numerosos documentais e varias curtametraxes de ficción durante máis dunha década. Como produtora, ten traballado en publicidade e televisión.
Este é o seu último traballo como directora.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
http://www.diariodenavarra.es/multimedia/videos/navarra/mas_navarra/2015/06/25/entrevista_cineasta_navarra_elia_urquiza.html
http://europa.otroscines.com/next-de-elia-urquiza-2/
http://cine-invisible.blogs.fotogramas.es/2015/10/22/next-espana-2015/
https://www.youtube.com/watch?v=8v_of2rVFXY
https://www.youtube.com/watch?v=HgfThcH3wAk
http://www.filmarte.net/Entrevistas/elia-urquiza-next
