Gimme Danger: a historia de The Stooges


GIMME DANGER. A HISTORIA DE THE STOOGES 
 USA 2016; 102 ’ V.O.S.C.

 












PREMIO DA CRÍTICA AO MELLOR DOCUMENTAL, 2016



SINOPSE
Documental sobre o rock'n'roll potente que apareceu en Ann Arbor, Michigan, durante unha revolución contra-cultural, foi como unha bomba na paisaxe musical de finais dos anos sesenta. Coa súa mestura de rock, blues, R&B e free jazz, o grupo no que debutou Iggy Pop plantou as bases do que se coñecería posteriormente como rock alternativo, The Stooges, unha das bandas de rock máis importantes de todos os tempos. Gimme Danger presenta o contexto no que o grupo evoluciona  musicalmente, culturalmente, politicamente e historicamente.



JIM   JARMUSCH
Guionista, realizador, produtor, montador, actor, fotógrafo e  músico nado en Ohio, no 1953. Importante expoñente do cine independente, minimalista, cuxos filmes evitan as estruturas narrativas tradicionais, sen un claro progreso da trama e centrándose máis no desenvolvemento da atmosfera e as personaxes. Os seus primeiros traballos teñen un ton melancólico e contemplativo. Ten experimentado cun formato de viñetas en tres dos seus filmes dos anos noventa: Mystery Train, Night on Earth e Coffee and Cigarettes. Aínda que os seus filmes soen estar  ambientados en Estados Unidos, el ten dito que olla o seu país “cos ollos dun estranxeiro”. A súa fascinación  coa música  é outra característica do seu traballo, músicos en papeis clave: John Lurie, Tom Waits, Gary Farmer, Youki Kudoh, RZA e Iggy Pop teñen aparecido en varias películas. A canción de Hawkins, "I Put a Spell on You", foi primordial para o argumento de Stranger Than Paradise, e Mystery Train está inspirada e foi titulada na honra dun tema popularizado por Elvis Presley, quen ademais é o tema dunha das viñetas de Coffee and Cigarettes. Outos dos seu títulos: Dead Man  (1995), Broken Flowers  (2005), The Limits of Control (2009), Only Lovers Left Alive  (2013), Paterson  (2016).
Este é o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger