Xoán Anleo (Varias pezas)



XOÁN ANLEO: VARIAS PEZAS* ESPAÑA 2007;  72’ V.O.











Rampa  COR (2007) - 16'                                              *O bailarín que intervén

Sen tránsito  COR (2007) – 17:00'                                 en todas as pezas é

Unha historia interrompida COR (2007) – 15'              Chevi   Muraday

Desencontro  (2007) – 11'

O corpo que sinte I  COR (2007) – 5'

O corpo que sinte II COR (2007) – 4'

Soliloquio  B/N (2007) – 4'








 XOÁN ANLEO
Docente, artista visual e musical, nado en  Marín.  Licenciado e doutorado en Belas Artes na Universidade de Castela-A Mancha. Ao longo da a súa carreira ten traballado con diferentes disciplinas artísticas, entre elas: Danza, Escultura, Fotografía, Ilustración, Instalación, Performance e Videocreación. Ten estado presente na escena artística dende os anos oitenta, onde se deu a coñecer co seu traballo de instalacións de gran escala e textos sobre a parede. Nos noventa, en fotografía e traballos de apropiación de diversos obxectos icónicos atopados. Na última década, con vídeo, traballos de son, intervencións murais e textos.
Ten realizado exposicións individuais e colectivas nacionais e internacionais. A súa  obra está representada en coleccións privadas e diversos museos como MNCARS, Madrid; CA2M, Móstoles; ARTIUM, Vitoria; CGAC, Santiago de Compostela; Centre d’Art la Panera, Lleida; Fundación Centro Ordoñez-Falcón de Fotografía, Donostia/San Sebastián; MACUF, A Coruña; Museum DKM, Duisburg en Alemaña. CAAC, Centro Andaluz de Arte Contemporáneo, Sevilla. MUSAC, Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, León. MEIAC, Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte contemporáneo, Badaxoz.
O seu traballo actual aborda procesos relacionados coas políticas da representación, a produción de subxectividade e os procesos de significación, entendidos como modalidades de subxectivismo e deconstrución das identidades.
O seu interese  enfócase en nocións de experiencia de traslado, viaxe e residencia como forma de reflexión sobre a memoria e historia do lugar nun contexto e conxuntura específica. Asemade, dos límites da temporalidade e as relaciones entre espazo/tempo e lugar, transformados en métodos de análise e crítica do presente.
Neste momento está a traballar con vídeo, fotografía, instalacións, textos, danza, audio e na edición de publicacións diversas como libros de artista, tarxetas ou cartaces.



Aí van algúns enlaces sobre o traballo do bailarín:


Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger