JE SUIS LE PEUPLE
EXIPTO/FRANCIA 2014; 111’ V.O.S.C.
PRIMER PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE JIHLAVA, REPÚBLICA CHECA 2014
PREMIO Á MELLOR OLLADA EMERXENTE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CAMDEN 2015
PRIMER PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE HONG KONG 2015
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE OLHAR DE CINEMA DE CURITIBIA, BRASIL 2015
SINOPSE
Mentres decenas de miles de manifestantes se reúnen na plaza Tahrir, nada parece mudar para os habitantes de Jazira, unha vila a 700 km do Cairo. Farraj, ollea os cambios políticos no seu televisor. Dende a caída de Mubarak até a elección de Morsi, un diálogo cómplice nace entre a cineasta e o campesiño exipcio. El leva un pico no lombo, ela unha cámara. O filme revela as esperanzas e desesperanzas dos habitantes da vila.

ANNA ROUSSILLON
Directora, guionista e fotógrafa nada en Beirut no 1970. Creceu no Cairo e máis tarde trasládase a París onde estuda Filosofía, e Lingua e Literatura árabe. Ao rematar estuda Realización de Documentais en Lussas (Francia).
Como graduada en Filoloxía árabe exerce de profesora en Lyon, onde tamén traduce textos literarios e participa en emisións de radio. Ao mesmo tempo, traballa en varios proxectos cinematográficos relacionados con Exipto.
Este é o seu debut na longametraxe e o seu último traballo.
Aí van algúns enlaces sobre o filme: