WINTER FLIES de OLMO OMERZU
(WINTER FLIES)
REP. CHECA 2018; 84’ V.O.S.C.
2018: PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE KARLOVY
VARY
2018: PREMIO Á MELLOR PRODUCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE
ESLOVENIA
SINOPSE
Un adolescente fabulador de gamberrismo rebelde e de
fazañas sexuais, e outro, con calvario de mozo gordo que
soña con pertencer á Lexión Estranxeira. Xuntos
para
sempre na amizade, rouban un Audi cochambroso para
marchar a correr mundo,
pero recollen a unha moza
autoestopista; agora
son tres, que é impar pero divide.
Sabes esas moscas equivocadas de
estación porque é
inverno, e zumbando tozudas pousan onde non deben?
OLMO OMERZU
Director,
actor, guionista e fotógrafo nado en 1984 in
Ljubljana, na antiga Iugoeslavia.
Iníciase na
dirección coas curtametraxes Masky (2005),
Láska (2006), Druhé dejství (2008). Debuta na
longametraxe
co filme Prílis mladá noc
(2012), pero é co seguínte, Rodinny
film (2015), co que se da a
coñecer internacionalmente.
Este é o seu último traballo como director.
Este é o seu último traballo como director.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
