DOMBASS de SERGEI LOZNITSA
(DOMBASS)
UCRANIA 2018; 120’
V.O.S.C.
2019: MELLOR FILME, MELLOR GUIÓN E MELLOR DIRECTOR, DA ACADEMIA DO CINE UCRANIANA
2018: MELLOR FILME, GRAN PREMIO DO XURADO, E MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL DE CINE DA INDIA
2018: FESTIVAL DE CANNES: UNHA CERTA MIRADA, MELLOR DIRECTOR
2018: FESTIVAL DE SEVILLA: XIRALDILLO DE OURO, MELLOR FILME
2018: MELLOR FILME DOS CRÍTICOS DE CINE UCRANIANOS
SINOPSE
O filme
revela un proceso colectivo de animalización dende diferentes perspectivas. Un demoledor
diagnóstico da condición humana, que espalla furia mesturada con mordacidade,
mentres contempla rostros e multitudes.
Director, montador, produtor, fotógrafo, e
guionista nado en 1964 en Baranovitchi,
Bielorrusia, que nese momento forma parte da Unión Soviética. Máis tarde a
familia trasládase a Kiev, Ucrania, onde el remata a secundaria. En 1981,
ingresa no Instituto Politécnico de Kiev, no que acada a licenciatura de
matemática aplicada e sistemas de control. En 1987 se gradúa cunha licenciatura
en inxeniería e matemáticas. Entre 1987 y 1991 traballa como científico para o
Instituto de Cibernética. Alí participa no desenvolvemento de sistemas expertos e intelixencia
artificial. Ademais, exerce como traductor de xaponés. Durante ese tempo
desenvolve un forte interés polo cine, o que o leva no 1991 a ingresar no
Instituto Estatal Ruso de Cinematografía, en Moscú. Estuda no estudo de Nana
Dzhordzhadze. En 1997, se gradúa con honores en produción e dirección cinematográfica.
No 2000, comeza a producir obras no Estudio de Cine Documental de San
Petersburgo. Ese mesmo ano acada unha bolsa do programa “Nipkov” de Berlín. En
2001, emigra coa muller e dúas fillas a
Alemania.
Até o
momento ten realizado dúas longametraxes de ficción, tres documentais, e oito
curtametraxes. Atópase traballando no seu Último documental State Funeral.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
