A lección de alemán

DEUTSCHSTUNDE   de   CHRISTIAN  SCHWOCHOW

(A LECCIÓN DE ALEMÁN ) 

ALEMAÑA 2019;   130’   V.O.S.C.

                 

    









GUENTER ROHRBACH FILMPREIS 2019, PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO BAVARIAN FILM AWARDS 2020
    


                                                                


 

SINOPSE

Un neno illado, o seu autoritario pai, comisario de policía nunha vila costeira, e o pintor Max Ludwig Nansen (personaxe de ficción inspirado nos artistas expresionistas rexeitados e considerados “enfermizos e dexenerados”). O filme, baseado na novela homónima de Siegfried Lenz, plasma a represión artística que houbo silenciando e ameazando a artistas que seguían as vangardas modernas no réxime nacionalsocialista.

 

 

CHRISTIAN  SCHWOCHOW

Director, actor e guionista nado en Alemaña no 1978.  Graduado no 2008 na Academia de Cine de Baden-Württemberg coa súa primeira longametraxe, "Novemberkind". A esta lle sigue Die Unsichtbare, e debuta na  televisión con  Der Turm.

O seguínte filme foi "West" (2013). no 2014 dirixe para a televisión o filme "Bornholmer Straße", unha traxicomedia sobre a caída do Muro, e tamén, a primeira parte da triloxía de "NSU, Heute ist nicht alle Tage", para a emisora pública alemana ARD. no 2016, estrea a longametraxe "Paula" e, o mesmo ano, dirixe a serie "Bad Banks".  Tamén dirixiu episodios da tempada tres  da serie de Netflix "The Crown".

O seu último traballo é  "Je suis Karl", filme  seleccioado para a sección Berlinale Special, no Festival Internacional de Cine de Berlín 2021.





Enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger