Un conto de tres irmáns

KIZ  KARDESLER   de    EMIN   ALPER

(UN CONTO DE TRES IRMÁNS)  

TURQUÍA/ALEMAÑA/GRECIA/PAÍSES BAIXOS 2019; 108’ V.O.S.C.

          



                             






2019:  PREMIO MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL DE CINE DE SARAXEVO

2019: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESTAMBUL,  MELLOR  FILME, MELLOR DIRECCIÓN,  MELLOR ACTRIZ, MELLOR BANDA SONORA E PREMIO FIPRESCI

 



 

SINOPSE

Anos 80. Tres irmáns viven co seu pai nunha remota aldea de Anatolia Central. Unha tras outra, son enviadas á cidade a traballar como asistentas en familias adoptivas acomodadas coa esperanza de que poidan acadar unha vida mellor.  Tras un tempo, as tres se ven na obriga de voltar á casa familiar por circunstancias diversas. Por primeira vez en varios anos, as tres están xuntas e así terán  que enfrontarse á nova contorna.

 

 



 

 

EMIN   ALPER

Director, actor, guionista e produtor, nado en 1974 en Ermenek, Karaman. Formado en Economía e Historia na Universidade Bogazici-Estambul, é  doutor en Historia Moderna de Turquía. A súa primeira longametraxe "Beyond the Hill" (2012), acadou numerosos premios. Logo rodou "Frenesí"  (2015), estreada no Festival de Cine de Venecia onde acadou o Premio Especial do Xurado.

Ven mesturando a súa carreira cinematográfica, coa docencia de Historia Moderna no Departamento de Humanidades e Ciencias Sociais na Universidade Técnica de Estambul.

Este é o último traballo.






Enlaces sobre o filme: 

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger