DRIVEWAYS
PREMIO AO MELLOR FILME INDEPENDENTE DA NATIONAL BOARD OF REVIEW, USA 2021
PREMIO PÓSTUMO AO MELLOR ACTOR BRIAN DENNEHY, SOCHI INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO GIMLI FILM FESTIVAL2020
SINOPSE
Tras a morte da a súa irmán, Kathy e o seu fillo de 8 anos teñen que trasladarse a pequena vila onde vivía para recoller todo e vender a casa. Ela está moi ocupada e o neno vai matando o tempo deambulando polo vecindario.
ANDREW AHN
Realizador, produtor, guionista, músico e actor estadounidense nado nos Anxos. Graduado na Universidade de Brown cunha licenciatura en inglés, acadou tamén unha Mestría en Belas Artes (MFA), en Dirección de Cine do Instituto das Artes de California.
No 2011, escribe, dirixe, produce e monta a curtametraxe "Andy", coa que acada o premio á Mellor Curtametraxe Narrativa no Festival de Cine Asiático de San Diego ese ano. No 2012, roda a seguinte curtametraxe "Dol" (Primeiro aniversario), estreada no Festival de Cine de Sundance ese ano, dixo que foi un traballo concebido no seu orixe para comunicarlle aos seus país que era gai; acadou tamén varios premios.
Debuta na longametraxe no 2016 con "Spa Night", grazas ás bolsas de varias institucións.
Este é o seu último traballo.
Enlaces sobre o filme:
http://www.elespectadorimaginario.com/el-verano-de-cody/
https://www.elantepenultimomohicano.com/2021/03/critica-el-verano-de-cody-driveways.html
https://noescinetodoloquereluce.com/2021/03/critica-verano-cody-driveways-pelicula.html
http://www.cinenuevatribuna.es/articulo/critica/el-verano-de-cody/20210505195234014313.html
