YALDA, LA NUIT DU PARDON
(YALDA, A NOITE DO PERDÓN) de MASSOUD BAKHSHI
FRANCIA/IRÁN 2021; 89' V.O.S.C.
FESTIVAL CINE INTERNACIONAL DE DE SOFÍA, BULGARIA 2020: MELLOR GUIÓN
ANTALYA GOLDEN ORANGE FILM FESTIVAL 2020: PREMIO MELLOR DIRECTOR
SUNDANCE 2019: PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME
FESTIVAL CINE DE BARCELONA 2019: MELLOR GUIÓN
SINOPSE
Unha muller mata accidentalmente ao seu marido e é sentenciada a morte. A única persoa que pode salvala é Mona, a filla do seu home. Todo o que Mona ten que facer é aparecer nun popular programa de televisión en vivo e perdoala. Pero perdoar pode ser especialmente difícil mentres tratan de revivir o pasado.
MASSOUD BAKHSHI
Realizador, produtor e guionista nado en Teherán 1972.
Antes de traballar no cine, iníciase profesionalmente como periodista e crítico de cine no seu país. Debuta no cine dirixindo curtametraxes documentais como ·Tehran anar anar nadarad" (2007), "Baghdad Barber" (2008) e "Ghaliye iroonie maa" (2010).
A súa primeira longametraxe foi "Yek khanévadéh-e mohtaram" (2012).
Este filme é o seu último traballo.
