DOROGIE TOVARISHCHI! de Andrei Konchalovsky(QUERIDOS CAMARADAS) RUSIA 2020; 120' V.O.S.C.
PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR PRODUCIÓN, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR GUIÓN NOS RUSSIAN GUILD OF FILM CRITICS 2021
PREMIO AO MELLOR GUIÓN NOS SLOVO AWARDS 2021
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ JULIA VYSOTSKAYA, NO FARO ISLAND FILM FESTIVAL 2021
PREMIO GOLDEN EAGLE AO MELLOR DIRECTOR, RUSSIA 2021
PREMIO NATIONAL BOARD OF REVIEW AO MELLOR FILME ESTRANXEIRO, 2021 USA
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, SON, ACTRIZ JULIA VYSOTSKAYA, E PRODUCIÓN NOS PREMIOS NIKA 2021
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO RUSSIAN GUILD OF CINEMATOGRAPHERS, RUSSIA 2021
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO VENICE FILM FESTIVAL 2020
PREMIO HUGO DE PRATA AO MELLOR DIRECTOR NO CHICAGO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020
SINOPSE
Ambientada na Unión Soviética de 1962. Unha afiliada do Partido Comunista ten fe cega no marxismo, pero tras presenciar a violencia gubernamental coa protesta laboral nunha fábrica na que a súa filla desaparece, todo muda.
ANDREI KONCHALOVSKY
Director, guionista, actor e produtor nado no 1937 en Moscova. Crece nunha familia de raíces aristocráticas e artísticas. O Seu pai escritor, presidente da Unión de Escritores da RSFS de Rusia, poeta, fabulista, dramaturgo, corresponsal de guerra. O seu irmán menor é o cineasta Nikita Mikhalkov. El estuda piano, pero se matricula no Gerasimov Institute of Cinematography, graduándose no 1965. Alí coñece a Tarkovski co que escribe o guión de "Katok i skripka"(1961). Debuta como diretor co filme "O primeiro mestre" (1966). O segundo traballo, "The Story of Asya Klyachina" (1966), censurado polas autoridades soviéticas e estreado vinte anos máis tarde está considerado como a súa obra mestra. Logo dirixiu "Hogar da pequena nobreza" (1970). "Tío Vania" (1971) "Siberiada" (1979), presentada en Cannes e acadando o recoñecimento internacional o permite mudarse ós Estados Unidos en 1980. O seu primeiro filme en inglés, foi "Os amantes de María" (1984), logo viñeron "O tren do inferno" (1985), "Duet for One" (1986), "Homer and Eddie” (1989), “Tango e Cash” (1989). No 1990 volta definitivamente a Rusia.
O seu último traballo é o documental “Homo sperans”.
Enlaces sobre o filme:
https://www.nosolocine.net/queridos-camaradas-magnifica-y-honesta-pelicula-de-andrei-konchalovsky/
https://35milimetros.es/queridos-camaradas-una-reescritura-de-la-rusia-de-los-anos-60/
https://filasiete.com/critica-pelicula/queridos-camaradas/
https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20210708/critica-queridos-camaradas-konchalovsky-11895393