Nunca voltará a nevar

SNIEGU  JUZ  NIGDY  NIE  BEDZIE de Malgorzata Szumowska e Michal Englert

(NUNCA VOLTARÁ A NEVAR)

POLONIA/ALEMAÑA 2020; 116' V.O.S.C.

                           







ESPECIAL MENCIÓN AOS DIRECTORES NO VENICE FILM FESTIVAL 2020

PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA E MELLORES ACTRICES, MAJA OSTASZEWSKA E AGATA KULESZA, NOS PREMIOS DO CINE POLACO 2021


SINOPSE
Un masaxista chegado do Este entra na vida dunha comunidade burguesa. A súa riqueza non impide que os residentes transmitan tristeza. Este misterioso recén chegado parece ser capaz de curar as súas almas e mudar as súas vidas.

MALGORZATA SZUMOWSKA
Directora, produtora e guionista nada en Cracovia no 1973. Licenciada na Escola de Cine de Lodz. Iníciase coas curtametraxes Silencio e Ascensión, premiadas e diversos festivais. Asemade, ten realizado e producido varios documentais. Debuta na longametraxe con "Un home feliz". A seguínte foi "Estrano". No 2005 comeza a traballar con Zentropa como directora e produtora do segmento “Crossroads”, da serie “Visions of Europe”. No 2008, roda a súa terceira longametraxe "33 escenas de vida". No 2009 presenta na Sección "L’Atelier" do Festival de Cannes o guión da súa cuarta longametraxe "Elas" (2011). No 2013 presenta en Berlín o filme "W imię". No 2015 volta a Berlín con "Ciało". No 2018 acada o Oso de Prata, Gran Premio do Xurado en Berlín con "life-Mug". No 2019 dirixe "The horror the other lamb".
Este é o seu ultimo traballo.

MICHAL ENGLERT
Produtor, guionista, fotógrafo e director nado no 1975, en Varsovia. Crece nun entorno artístico en contacto con escenarios de teatro, cine e televisión. Licenciado na Leon Schiller National Film School, no departamento de cinematografía, e alí onde coñece a Malgorzata Szumowska coa que colabora e que se convertiría na a súa parella durante uns anos. 
Este é o seu ultimo traballo.       

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger