BIS WIR TOT SIND ODER FREI AKA de OLIVER RIHS
(PAXAROS ENXAULADOS)
ALEMAÑA 2020; 118’ V.O.S.C.
PREMIO Á MELLORE ACTRIZ, MARIE LEUENBERGER, E Á MELLOR PRODUCIÓN NO TALLINN BLACK NIGHTS FILM FESTIVAL 2020
PREMIO Á MELLORES ACTRIZ, MARIE LEUENBERGER, MELLOR FILME E Á MELLOR PRODUCIÓN NO AVANCA FILM FESTIVAL 2021
SINOPSE
Ambientado na Suíza dos anos 80 nos que unha avogada idealista, que loita pola independencia social e a mellora do sistema xudicial e penitenciario do país, atópase cun célebre delincuente que ten fuxido de prisión e numerosas ocasións. Xuntos darán unha batalla pola liberdade.
OLIVER RIHS
Director, actor, guionista e produtor, nado en 1971 en Männedorf, Suíza. Estuda artes gráficas en Zurich de 1988 a 1992, sector no que traballa unha tempada. Acada a súa primeira experiencia cinematográfica con obras de vídeo artísticas para festas techno. En 1996 remata como artista gráfico publicitario a favor de traballar no sector social para maiores. Ao mesmo tempo, produce as súas primeiras curtametraxes coas que acada varios premios. Dende 2001 vive en Berlín. No 2008, funda a empresa de produción “Port-au-Prince Film & Kultur Produktion GmbH” xunto a René Römer, que xestiona e produce longametraxes e documentais. No 2014, funda a empresa de aluguer de filmes “Port-au-Prince Pictures” xunto coa distribuidora Leila Hamid.
Este é o seu último traballo.
https://www.huffingtonpost.es/entry/quien-fue-walter-sturm-rey-de-las-fugas-carcel-pajaros-enjaulados_es_61e0163ee4b0a2670289fd28
https://www.abc.es/play/cine/noticias/abci-oliver-rihs-director-pajaros-enjaulados-suiza-mucho-mas-heidi-montanas-y-miel-202201131940_https://www.publico.es/culturas/estreno-pajaros-enjaulados-oliver-rihs-alarmante-utiliza-concepto-libertad-hoy.html
