Luzzu

LUZZU    de    ALEX  CAMILLERI

(LUZZU)  

MALTA    2021;   94’   V.O.S.C.












PREMIO AO MELLOR ACTOR, JESMARK SCICLUNA, NO SUNDANCE FILM FESTIVAL 2021
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR NO MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021
PREMIO AO DIRECTOR NO FILM INDEPENDENT SPIRIT AWARDS 2022



 

 

SINOPSE

Luzzu é o nome dos barquiños de pesca de madeira típicos de Malta. Pintados de cores vibrantes, estas embarcacións sobreviven como vestixios dun mundo en extinción, pero tamén dun xeito de relacionarse con medio ambiente condeado a desaparecer.

Fábula hiperrealista sobre un pescador atrapado entre a recén estreada paternidade e o seu desexo de poder seguir exercendo a tradición familiar, en perigro pola pesca de arrastre masiva.



 

ALEX  CAMILLERI

Director, montador, guionista e produtor. 

Estuda literatura inglesa e realización de documentais no Vassar College, onde acadou o recoñecemento polo seu proxecto de tese, “Still Here” (2010),  premio ao Mellor Documental para Estudantes no Emerging Filmmaker Showcase de Cannes.

Tras rodar varias curtametraxes, debuta con este filme na longametraxe.  É o seu último traballo.




Enlaces sobre o filme: 

https://www.magazine-hd.com/apps/wp/luzzu-alex-camilleri-entrevista/
https://www.lavanguardia.com/cultura/20220318/8126147/luzzu-odisea-joven-pescador-sobrevivir-malta.html
https://www.lahiguera.net/cinemania/pelicula/10106/comentario.phphttps://www.diariopanorama.com/noticia/408802/critica-luzzu-opera-prima-deslumbro-sundance

Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger