COHERENCE
(COHERENCE)
USA 2013
MELLOR ÓPERA PRIMA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO DE AMSTERDAM, 2014
MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SITGES, 2013
MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE FANTÁSTICO (FANT ) DE BILBAO, 2014
SINOPSE
Baseado nun argumento de James Ward Byrkit e Alex Manugian, o filme fai referencia ó ano 1923, cando en Finlandia o paso dun cometa fixo cos habitantes dunha vila quedaran completamente desorientados, orixinando comportamentos moi estraños. Décadas máis tarde, un grupo de amigos recorda este caso mentres cean, brindan e se preparan para ver pasar un cometa. Pode repetirse a mesma historia?
JAMES WARD BYRKIT
Guionista, actor e realizador estadounidense.
Iníciase no cine traballando como actor no ano 2001. As súas curtametraxes Yes, and... e Fractalus no ano 2005, e Pirates of the Caribbean: Tales of the Code: Wedlocked no 2011, e o vídeo xogo Rango (2011), acadaron diversos premios en festivais internacionais de cine.
Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.
Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch? v=eo3If7uZOo4
Posted by
Fernando Llor



