No borde


SUR LA PLANCHE 

(NO BORDE)
MARROCOS/FRANCIA/ALEMAÑA 2011







PREMIO FIPRESCI Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL DE FILMES DO SUR DE OSLO, 2011

PREMIO AO MELLOR FILME NO PARIS CINEMA, 2011

PREMIO AOS MELLORES ACTORES, SOUFIA ISSAMI, MOUNA BAHMAD,NOUZHA AKEL E SARA BITIOUI E MELLOR DIRECCIÓN, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TAORMINA, 2011

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, SOUFIA ISSAMI, E PREMIO ESPECIAL DO XURADO Á DIRECTORA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE BRUXELAS, 2011

PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE AMIENS, 2011

PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR GUIÓN E MELLORES ACTORES SOUFIA ISSAMI, MOUNA BAHMAD,NOUZHA AKEL E SARA BITIOUI, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ABU DHABI, 2011


SINOPSE

Na zona antiga de Tánxer viven dúas mozas de Casablanca entre un exército de obreiros que residen na cidade. Durante o día traballan pelando camaróns nun almacén impecable; de noite, traballan a rúa ao tempo que sacan algúns cartos extra trapicheando con aparatos que rouban aos seus clientes.


LEILA KILANI

Directora e guionista nada en 1970 en Casablanca. Marcha a París a estudar económicas. Realiza un máster de Historia e Civilización do Mediterráneo e unha tese na Escola de Altos Estudos de Ciencias Sociais. No 2002 realiza o seu primeiro documental, Tánxer, o soño dos queimadores, nel aborda a cuestión da inmigración ilegal (queimador é a persoa decidida a todo con tal de fuxir, a que non dubida en queimar os seus papeis, a súa identidade, para facer desa partida unha tentativa irreversible). Un ano máis tarde dirixe Zad Moultaka, passages, centrado na figura do pianista dese compositor libanés. Os nosos lugares prohibidos (2008), é o seguinte traballo, un documental no que acompaña durante tres anos a catro familias que teñen sufrido cárcere durante os "anos do chumbo" en Marrocos. 


Este é o seu último traballo e o seu primeiro filme de ficción.


                     

Posted by
Fernando Llor

+Info

Educación siberiana



EDUCAZIONE SIBERIANA 

(EDUCACIÓN SIBERIANA)
ITALIA 2013





PREMIO KINEO AO MELLOR DIRECTOR EN ITALIA, 2013 


SINOPSE 
Baseado na novela de Nicolai Lilin, o filme está ambientado na Rusia soviética. Nunha vila que se ten convertido nunha especie de gueto, un enclave que alberga unha mestura de bandas multiétnicas enfrontadas entre elas e formadas por perigosos foraxidos. Dous nenos, exiliados siberianos, medran xuntos como amigos inseparables. A súa educación é tamén única: roubo, vandalismo e o uso de armas. 


GABRIELE SALVATORES 
Guionista, actor e director nado en Nápoles no 1950. Estuda Arte Dramática na escola do famoso Piccolo Teatro, sector no que se inicia profesionalmente como actor e director. En 1972, funda o Teatro dell'Elfo, onde realiza montaxes ao longo de quince anos con autores emblemáticos como William Shakespeare, Ben Johnson, Bram Stoker ou Carlo Goldoni. Tras montar O soño dunha noite de verano, decide levala á pantalla grande, con este filme debuta na longametraxe en 1983. Marrakech Express (1989), é o primeiro filme da triloxía da fuxida, ao cal siguen Turné (1990) e Mediterráneo (1991). Logo viñeron Nirvana (1997), O segredo (2003), e un filme no que explora o xénero negro con bastante éxito, Quo vadis, baby? (2005). Como Deus manda (2008), lle outorga dous nomeamentos aos premios David de Donatello. Con Happy Family (2010), inspírase na obra de Pirandello Seis personaxes na busca dun autor.
No 2010 realiza o documental 1960, sobre a situación italiana desa época, e no 2014 dirixe Italia nun día, outro documental sobre o estado da Italia actual.
O seu último traballo como director é a curtametraxe A promesa (2015).



Tráiler, entrevista ao realizador, ao autor do libro e á xente do equipo da rodaxe:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Grecia: reinventarse para sobrevivir


GR. WORK IN PROGRESS 

(GRECIA: REINVENTARSE PARA SOBREVIVIR)
 GRECIA 2014








SINOPSE
Giorgos, un sin teito tras os efectos da depresión económica, loita para reconstruír a súa vida; ao mesmo tempo, Ilias implicase no grupo de activistas do “movemento da pataca” para facer fronte ás grandes cadeas de alimentación a través da solidariedade e a democracia directa; por outra banda, Grigoris marcha da cidade coa súa familia para buscar unha vida mellor no campo. A coraxe destas persoas lembranos que somos quen de mudar a nosa realidade. Esta crise pode ser unha oportunidade para reinventarnos a nos mesmos e como sociedade?


ELENA ZERVOPOULOU
Directora guionista, fotógrafa e produtora grega. Estuda Etnopsicoloxía na Universidade de París. Ten traballado con familias de inmigrantes en París e tamén como consultora da UNESCO nun proxecto sobre nenos da rúa en Madagascar. Ten un Máster en Antropoloxía e Cine Documental pola Universidade de Nanterre. Tras realizar distintos proxectos documentais para ONG's de todo o mundo, realiza a curtametraxe Sea Gypsies (2012), parte da serie documental Why Poverty? da BBC. 
Éste é o seu debut na longametraxe e o seu último traballo.
                          
Tráiler  do filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Life feels good


CHCE SIE ZYC

(LIFE FEELS GOOD)

POLONIA 2013









PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DE MONTREAL, 2013 

PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO, 2013

PREMIO AO MELLOR ACTOR, DAWID OGRODNIK, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SEATTLE, 2014

PREMIO AO MELLOR ACTOR, DAWID OGRODNIK, E Á MELLOR DIRECCIÓN ARTÍSTICA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2014

PREMIO DA AUDIENCIA, AOS MELLORES ACTORES, NAJLEPSZA GLÓWNA E ROLA MESKA, ÁS MELLORES ACTRICES, NAJLEPSZA DRUGOPLANOWA E ROLA KOBIECA, E AO MELLOR GUIÓN, NOS PREMIOS DO CINE POLACO, 2014 

SINOPSE 

Baseado en feitos reais, o filme narra a historia de Mateusz, un home de trinta anos que padece parálise cerebral, pero que trata de levar unha vida relativamente normal. Ven de ser internado nun centro de saúde mental, onde determinarán o seu nivel de discapacidade. 

MACIEJ PIEPRZYCA 

Realizador e guionista nado en 1964 en Katowice, Polonia. Graduado en Xornalismo na Universidade de Silesia, Katowice (1989). Logo estuda Guión na Escola Estatal Superior de Cine, Televisión e Teatro de Lodz (1990). Máis tarde, está na dirección do Departamento da Universidade de Silesia de Radio e Televisión (1993).

Iníciase no cine coa curtametraxe documental Inna (1993). Tras escribir guións, producir e dirixir varias series para a televisión, debuta na longametraxe con Astillas (2008). 

Este é o seu último traballo.


                     





Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger