Sollers Point


SOLLERS  POINT   de   MATTHEW  PORTERFIELD  
(SOLLERS POINT) 
USA   2017;   101’   V.O.S.C.









SINOPSE
Un narcotraficante de medio pelo baixo  arresto domiciliario na casa do seu pai en Baltimore, inicia de novo relación cunha comunidade marcada polo desemprego, o abandono e a segregación profundamente arraigada. Alí, loita coas limitacións que o rodean mentres trata de atopar unha saída a súa propia prisión interna.

MATTHEW  PORTERFIELD  
Director, escritor, montador, produtor, actor, e guionista estadounidense.
Iníciase profesionalmente con Hamilton (2006), logo viñeron, Putty hill (2011) e I used to be darker (2013), tres traballos cun enorme éxito de crítica e público, A súa obra atópase na colección permanente do Museo de Arte Moderno e se ten proxectado no Centro Pompidou, o Centro de Arte Walker, a Bienal Whitney e festivais de cine como Sundance, a Berlinale  e  SxSW.
Realizou a súa primeira curtametraxe, Take What You Can Carry, (2015), rodada en Berlín cunha bolsa do Harvard Film Study Center.
Dende 2007, está ensinando produción e teoría cinematográfica na Universidade Johns Hopkins.
Este é o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Most beautiful island


MOST BEAUTIFUL ISLAND
(MOST BEAUTIFUL ISLAND) 
Ana Asensio, USA 2017; 80’ V.O.S.C.











2017: SXSW, MELLOR FILME
2017: SIDEWALK FILM FESTIVAL, PREMIO AO MELLOR FILME

SINOPSE
Baseado en feitos  reais, conta a vida dunha inmigrante indocumentada que loita por sobrevivir nos Estados Unidos, e que tratará de atopar a redención dun pasado tormentoso a través dun perigroso xogo.

ANA  ASENSIO
Directora, guionista, actriz e produtora  nada en Madrid en 1978. Iníciase na profesión como actriz en series para a televisión e nos filmes A caixa Kovak (2006) e O arquivo (2015)..
Este filme supón o seu debut na longametraxe. É tamén, o seu último traballo.


 Aí van algúns enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

As mozas de Amancer Dourado

GOLDEN DAWN GIRLS
(AS MOZAS DE AMANCER DOURADO)
Håvard Bustnes, DINAMARCA/FINLANDIA/NORUEGA 2017; 95’ V.O.S.C.






SINOPSE
Cando numerosos membros destacados do partido Amancer Dourado son encarcerados, as mulleres (entre elas, a filla do líder Nikos Michaloliakos) toman o liderazgo da  formación e continúan transmitíndo a súa mensaxe. Todas elas teñen a suficiente experiencia para evitar grietas no discurso oficial. Nun momento de distracción, o director fuxe e acada imaxes comprometidas. O material resultante, complementado con imaxes de arquivo non deixa dúbidas

HÅVARD  BUSTNES
Director, produtor e guionista noruego. Licenciado en Dirección para Televisión na Escola de Cine e TV de Lillehammer, Noruega. Os sus primeiros filmes foron:  Two Raging Granni, Health Factory e Big John, co último acada o  premio ao Mellor Documental nos Amanda Awards de Noruega.
Outros dos seus trabllos:   Golfdrømmen (2000), Riktig Mental Innstilling (2007),
Blod & ære (2008),  Helsefabrikken (2010), Two Raging Grannies (2013).
Este é o seu último traballo.

Posted by
Fernando Llor

+Info

Grandeza e decadencia dun pequeno comercio de cine


GRANDEUR ET DÉCADENCE D'UN PETIT COMMERCE DE CINÉMA 
(GRANDEZA E DECADENCIA DUN PEQUENO COMERCIO DE CINE) 
Jean-Luc Godard, FRANCIA 1986; 92’ V.O.S.C.








SINOPSE
Baseado na novela de James Hadley Chase. O director Gaspard Bazin está preparando unha nova longametraxe e organiza castings para elexir ós figurantes. Aínda están no proceso de financiamento e fai un chamamento a Jean Almereyda, un antigo produtor de moda vido a menos ao que lle custa cada vez máis acadar financiación.


JEAN-LUC GODARD   
Director, guionista, produtor, montador e fotógrafo nado en París en 1930.
Criado no seo dunha familia acomodada e protestante, con catro anos a
familia trasládase a Suíza. Educado en Suiza e na Sorbona, onde cursa estudos de Etnoloxía. Asiduo da cinemateca universitaria é alí onde coñece ós  futuros membros da Nova Onda. Foi crítico de Cahiers du cinema e outras revistas especializadas. Debuta na longametraxe con 
À bout de souffle (1959), respaldado por Truffaut, onde desenvolve un cine espontáneo, con saltos de exe, cámara en man, e rodaxes sen iluminación especial.
Os seus seguíntes traballos, como Vivir a súa vida (1962), Unha muller casada (1964), Alphaville (1965), ou Pierrot o tolo (1965), expoñen a evolución do seu estilo vanguardista, que mesturaba a ficción con partes case documentais.
En Week-end (1967), expón as súas posicións de extrema esquerda, intentando facer "películas revolucionarias para audiencias revolucionarias". Filmadas en 16 mm, con orzamentos baixos, incluso máis radicais cas anteriores. Na década de 1970, traballa en producións de carácter menos político, intentando ser máis comercial. Con Sálvese quen poda (1979), volve o cine convencional en 35 mm, máis na liña do seu primeiro periodo, Pasión (1982), Nome: Carmen (1983) e Eu te saludo, María (1984).
No 2010, a Academia de Hollywood lle concede un Óscar honorífico.
Le livre d'image (2018), é o seu último traballo.



   Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger