Sweet Country

SWEET  COUNTRY   de  WARWICK  THORNTON
(SWEET  COUNTRY) 
AUSTRALIA  2017;  112' V.O.S.C.












2017: FESTIVAL DE CINE DE VENECIA, PREMIO ESPECIAL DO XURADO
2017: FESTIVAL DE CINE DE ADELAIDE, PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME E MELLOR DIRECCIÓN
2017: PREMIOS DO CINE ASIA PACIFIC, PREMIO AO MELLOR FILME
2017: FESTIVAL DE CINE DE TORONTO, PREMIO MELLOR DIRECCIÓN




SINOPSE
Inspirado en feitos reais sucedidos no interior de Australia en 1929.
Cando un aborixe mata o seu propietario branco en defensa propia, foxe coa súa muller. A parella será perseguida de xeito incansábel polas autoridades.





WARWICK THORNTON
Realizador, guionista, director de arte, fotógrafo e actor nado en Alice Springs. Graduado en Cinematografía, na Escola Australiana de Cine, Televisión e Radio. Iníciase na profesión realizando curtametraxes: Payback, Green Bush, Nana, cos que ten acadado numerosos premios. Samson y Delilah (2009), foi o seu debut na longametraxe; filme co que acadou a Cámara de Ouro no Festival de Cine de Cannes ese ano, e o premio ao Mellor filme nos Asia Pacific Screen Awards. 
Este filme é a súa segunda longametraxe, é asemade o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

A casa da moreira


BAYT  AL  TOOT   de   SARA  ISHAQ
(A  CASA DA MOREIRA) 
R.U.    2013;    64’    V.O.S.C.





SINOPSE
Sara, é nada no Iemen, filla de pai iemenita e nai escocesa. Na súa mocidade comeza a sentirse incómoda coa súa contorna,  con dezasete anos marcha a Escocia a vivir coa nai. O pai  aprobaba a súa marcha se ela non renunciaba as súas raíces no Iemen. Sara fixo esa promesa aínda que despois non a cumpre. Dez anos máis tarde, no 2011, Sara vota ao Iemen convertida noutra persoa. Está decidida a enfrontarse ao seu pasado e ten a vontade de descubrir as súas raíces natais.

SARA  ISHAQ
Directora, guionista, fotógrafa, montadora e produtora nada en 1984 en Edimburgo. Creceu en Sana'a, Iemen, até que con dezasete anos volta a Edimburgo para completar a súa formación. Unha  década despois produce e dirixe o filme Karama Has No Walls (2012), unha curtametraxe documental aclamada pola crítica.
No 2013, debuta na longametraxe con este filme, é tamén o seu último traballo. 

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Braguino


BRAGUINO   de   CLÉMENT  COGITORE
(BRAGUINO) 
FRANCIA    2017;   48’   V.O.S.C.







PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DOCUMENTAL DE MOSCOVA 2018
2017: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO ZABALTEGUI TABAKALERA


SINOPSE
No medio da taiga siberiana viven dúas familias: os Braguine e os Kiline. Ningunha estrada chega até alí, o único xeito é unha longa viaxe a través do río Ienissei, primeiro en barco, despois en helicóptero. Autosuficientes, ambas as dúas familias viven segundo as súas propias normas. Na vila hai unha  barreira, no río asenta unha illa na que se está construíndo outra comunidade: a dos nenos. Libres, impredicibles, salvaxes.
CLÉMENT  COGITORE
Director, actor, guionista, artista, montador, produtor e fotógrafo francés nado en  1983 en Colmar. Tras estudar na Escola Superior de Artes Decorativas en Estrasburgo e no Fresnoy National Studio de Arte Contemporáneo, produce Chroniques, unha curtametraxe galardoada no 2006  co Gran Premio no Festival Entrevues de Belfort. No 2007 participa coa curtametraxe Visités no Festival de Locarno. No 2010 con  Among Us, acada o Premio ao Mellor Director Novel. No 2011, acada o Gran Premio como vídeo artista  no Salon de Montrouge. Dende 2011, o seu traballo ten  sido obxecto de exposicións individuais e proxeccións monográficas (Palais de Tokyo, Museo de Arte Moderna e Contemporánea de Estrasburgo, Centro Europeo de Accións de Arte Contemporánea...) e colectivas (Centre Georges Pompidou-Paris, Eyebeam, Art + Technology Center, Nova York, Haus der Kulturen der Welt-Berlin,Kunsthalle-Basel, MoMA, NovaYork...). No 2015, acada o premio BAL para artistas mozos, logo o  premio Science Po para arte contemporánea,  e no 2016 o Premio da Fundación Ricard de Arte Contemporánea. Debuta na longametraxe con Ni le ciel ni la terre (2015), seleccionada na Semana da Crítica de Cannes, e premidada co  Premio da Fundación Gan , e no 2016 co Premio á Mellor estrea francesa, outorgado pola Unión Francesa de Críticos de Cine. A curtametraxe Les Indes galantes (2018),
é o seu último traballo como director. 

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

A Ciambra


A   CIAMBRA   de   JONAS   CARPIGNANO
(A CIAMBRA) 
ITALIA   2017;   107’    V.O.S.C.






2017: FESTIVAL DE SEVILLA: MELLOR ACTOR (PIO AMATO)
PREMIO A JONAS CARPIGNANO, NO BERGEN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017
PREMIO LABEL EUROPA CINEMAS, A JONAS CARPIGNANO NO CANNES FILM FESTIVAL 2017
PREMIO A JONAS CARPIGNANO, Á MELLOR ACTRIZ DE REPARTO (IOLANDA AMATO),  NO CINEUPHORIA 2018
PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, MELLOR FILME E MELLOR MONTAXE, NOS PREMIOS DAVID DI DONATELLO 2018
PREMIO Á MELLOR MÚSICA, MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DE CINE NO GHENT INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2017
PREMIO SNCCI AO MELLOR FILME NO TRIESTE FILM FESTIVAL 2018
       
SINOPSE
Na comunidade xitana da Ciambra, universo sen lei, a familia é o primeiro. Así o ve Pío, de catorce anos, cuxo modelo de conduta é o se irmán Cosimo, pero cando o meten no cárcere, Pío aproveita a oportunidade de amosar a súa homada. Ser adulto ten un prezo moi superior ao que imaxina.

JONAS   CARPIGNANO
Director, guionista, fotógrafo, montador e produtor nado en 1984 en Nova York.
Iníciase na dirección na Universidade Wesleyan e, tras graduarse, trasládase a Italia para continuar a súa carreira. O seu traballo tense presentado nos mellores festivais: Cannes, Venecia e Sundance. Curtido en obras como Bestias do sur salvaxe; tras dirixir varias curtametraxes dende o 2006, dá o salto á  longametraxe no 2015 con Mediterránea, filme de gran percorrido internacional co que acadou o Gotham ao Mellor Director Novel.
Esta é a súa segunda longametraxe e o seu último traballo como director.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger