As mozas ben

LAS   NIÑAS   BIEN    de  ALEJANDRA  MÁRQUEZ  
(AS MOZAS BEN) 
MÉXICO     2018;     93'    V.O.











PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR FILME NO TOULOUSE LATIN AMERICA FILM FESTIVAL 2019
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR FILME LATINOAMERICANO NO SEATTLE INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PREMIO É MELLOR DIRECCIÓN NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, ILSE SALAS, NO LIMA LATIN AMERICAN FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR PRODUCIÓN NO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL & AWARDS MACAO 2018
PREMIO Á ACTRIZ, ILSE SALAS, NO HAVANA FILM FESTIVAL 2018
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME, MELLOR PRODUCCIÓN E  MELLOR DIRECCIÓN NO FRIBOURG INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
2019: FESTIVAL DE MÁLAGA: MELLOR FILME IBEROAMERICANO, GUIÓN E MONTAXE
2019: PREMIOS ARIEL: MEJOR ACTRIZ, ILSE SALAS, MELLOR VESTUARIO E MELLOR MÚSICA.





SINOPSE
Baseado no libro de Guadalupe Loaeza. No medio de todo tipo de luxos e música de Julio Iglesias, un grupo de mulleres vive a evolución e transformación do clasismo, as boas costumes e as crises económicas.




ALEJANDRA  MÁRQUEZ  ABELLA 
Realizadora, guionista e produtora nada en San Luis Potosí, México.
Estuda Dirección de Cine no  Centre d’Estudis Cinematogáfics, de Cataluña, en Barcelona. Tras dirixir varias curtametraxes, é ao voltar a México cando filma 5 recuerdos, a curtametraxe que presenta no Festival Internacional de Cine de Morelia (FICM) coa que acada a sona. Pronto inicia o seu  traballo en televisión, escribindo guións para series como Imaxinantes (2008) e,  Son teu fan (2010-2011). Debuta na longametraxe con Semana Santa, película que participa nos mellores festivais de cine do mundo nos que acada prestixio e boas críticas.
Este é o seu último traballo. Se rumorea que o seu próximo proxecto é A triste, sobre a vida da avoa paterna, que foi quen de ir a Chicago cos seus oito fillos, só para enterarse de que o seu home xa tiña outra familia. Aínda non hai máis información.  






Aí van algúns enlaces sobre o filme:

https://elpais.com/cultura/2019/11/06/actualidad/1573076522_953886.ht

Posted by
Fernando Llor

+Info

Aquí e agora

AQUÍ    Y   AHORA   de   PAZ   LEÓN   
(AQUÍ  E  AGORA)  
COSTA RICA     2018;     80'     V.O.S.C.










PREMIO LATIN-AMERICAN WORK IN PROGRESS, FESTIVAL DE CINE DE VIÑA DO MAR


SINOPSE
Unha bailarina de danza contemporánea insegura do seu talento, pero que vive para bailar. A súa  vida muda cando acada unha bolsa  para ser parte dunha compañía de danza en Berlín. Este soño para o que ven traballando tanto, é tamén un  conflito interno polo que deberá abandonar a súa zona de comodidade.

PAZ  LEÓN   
Realizadora, guionista, actriz, directora de arte, montadora e produtora nada en San Xosé, Costa Rica. Viviu cinco anos en Lyon, Francia onde estudou Literatura Moderna e Cine. No 2009 escribe e dirixe En Espera, unha curtametraxe que a permite ingresar no American Film Institute para facer unha mestría en Dirección de cine. Ten dirixido seis curtametraxes e foi asistente do director Costarricense Hernán Jimenez nos filmes A ollos pechados, O Regreso e Entón nós.
Con este filme debuta na  longametraxe, é tamén o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Fourteen


FOURTEEN   de   DAN   SALLITT
(FOURTEEN)
USA   2019;  94'  V.O.S.C.









 

           PREMIO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL AO DIRECTOR NO URUGUAY INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
           PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO WEYAUWEGA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019







SINOPSE
Retrato da vida ao longo dunha década, de dúas mozas nos vintetantos anos,  amigas dende o instituto. A medida que os traballos, os mozos e os apartamentos van e veñen, o seu poderoso vínculo se estira pero nunca racha por completo.






DAN  SALLITT
Guionista, montador, actor e realizador estadounidense. Formado na Universidade de Harvard  e  na  escola  de  teatro, cine e televisión da UCLA. Traballou    durante    anos como  crítico  de  cine  en  Los  Angeles  Reader. Debuta  como  director  no  1986  coa longametraxe Polly Perverse Strikes Again! acadando sona internacional. Honeymoon (1998),   foi   o  seguinte  traballo. Logo   viñeron,  All  the  Ships  at   Sea   (2004), The Unspeakable Act (2012), e a curtametraxe Caterina (2019), que é tamén o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Posted by
Fernando Llor

+Info

Cando fomos meigas


THE   JUNIPER   TREE  de  NIETZCHKA  KEENE
(CANDO FOMOS MEIGAS) 
ISLANDIA  1990;  78'  V.O.S.C.

  

    








PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL DE FILMES DE MULLERES EN 1990 E  MELLOR ÓPERA PRIMA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TROIA (PORTUGAL) EN 1991.





SINOPSE
Baseado nun conto dos Irmáns Grimm.
A finais da Idade Media, a moza Margit e a súa irmán maior Katla, fuxen ás montanas trala morte da nai, queimada por bruxería.  Atopan refuxio cun viuvo que vive co seu fillo pequeno.




NIETZCHKA  KEENE
Realizadora, guionista, montadora e produtora nada en 1952 cerca de Boston, Massachusetts. Licenciada en Lingüística Xermánica no 1975, en Amherst e, catro anos despois, un máster en produción cinematográfica na UCLA. Na a súa estancia na UCLA traballa como asistente de investigación no departamento de linguas nórdicas antigas e lingüística, dedicado ás primeiras testemuñas escritas en lingua escandinava medieval. Iníciase na industria do cine como montadora e, ocasionalmente, como proxeccionista. Durante eses anos realiza tres curtametraxes. No 1986, acada unha bolsa do Programa Fulbright para investigar en Islandia e preparar a produción desta longametraxe. Tras realizar a curtametraxe, Aves (1994), inicia a rodaxe de Heroine of Hell, (1996), longametraxe na que mestura a iconografía medieval cunha historia moderna.
No 1995, traballa como profesora de cine na Universidade de Wisconsin-Madison, aínda que sigue rodando, Belle, inspirada na historia real de Belle Gunness, unha asasina en serie de principios do século XX. Un proxecto sen rematar pola precipitada morte da cineasta. Barefoot to Jerusalem (2001), foi o seu último traballo, rematado no 2008, catro anos despois da súa morte.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger