Sobre o infinito

  SETEMBRO                 OM  DET  OÄNDLIGA   de   ROY   ANDERSSON

 14    14  Luns ás 20:30h           (SOBRE  O  INFINITO)   

                                               SUECIA     2019;     76'    V.O.S.C.

 

 

 


 

 

2019: FESTIVAL DE VENECIA: LEÓN DE PRATA - MELLOR DIRECTOR

2019: PREMIOS DO CINE EUROPEO: MELLORES EFECTOS VISUAIS

2019: PREMIOS GULDBAGGE: MEJOR DESEÑO DE PRODUCIÓN

 

 

SINOPSE

Inspirada no conto de "As mil e unha noites", o filme  fai  unha particular descrición  das distintas etapas que un ser humano vai atravesando na vida;  dende os momentos máis prezados da existencia até a sensibilidade emocional e intelectual.

 

 


ROY   ANDERSSON

Realizador, fotógrafo, guionista, técnico de son, montador e produtor nado no 1943 en Gotemburgo. Caracterizado por filmes que traballan coa comedia do absurdo onde caricaturiza á sociedade sueca, de feito, a publicación Village Voice di que é “o Bergman do slapstick”. Ten pasado gran parte da a súa vida profesional traballando en publicidade, coa dirección de máis de 400 anuncios e tamén numerosas curtametraxes.

Ten dirixido tres longametraxes anteriores, Unha historia de amor sueca (1970),  Cancións dende o segundo piso (2000), e  Unha pomba  pousa nunha rama a reflexionar sobre a existencia (2014).

Este é o seu último traballo.

 

 

 Aí vai máis información:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Sinónimos

 SETEMBRO                          SYNONYMES  de  NADAV  LAPID 

 07  Luns ás 20:30h                        (SINÓNIMOS)

                                                 FRANCIA 2019; 127' V.O.S.C.

                                 

 

MELLOR GUIÓN NO STOCKHOLM FILM FESTIVAL 2019

MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL DE CINE EUROPEO DE SEVILLA 2019

PREMIO FIPRESCI AO MELLOR DIRECTOR E OSO DE OURO AO MELLOR FILME NO  FESTIVAL DE CINE DE BERLIN 2019

MELLOR FOTOGRAFIA, NOS PREMIOS DE CINE DA ACADEMIA ISRAELÍ 2019

 

SINOPSE

Un mozo israelí c

hega á capital francesa con grandes expectativas e decidido a desfacerse da a súa nacionalidade o máis rápido posibel, como un tumor que ten que ser extirpado.

 

 

 

NADAV  LAPID

Realizador, actor, guionista, montador e produtor nado no 1975 en Tel Aviv-Yafo, Israel. Estuda filosofía na Universidade de Tel Aviv e tras rematar o seu servicio militar marcha a París. Máis tarde volta a Israel para estudar na Escola de Cine e Televisión Sam Spiegel en Xerusalén. Debuta no cine coa longametraxe, Policeman (2011), Premio Especial do Xurado en Locarno ese ano. Logo roda A mestra de parvulario (2014), filme estreado na Semana Internacional da Crítica en Cannes.

Foi Xurado na sección da Semana Internacional da Crítica en Cannes no 2016. 

Este é o seu último traballo.

 

 Aí vai máis información:

 
 


Posted by
Cineclube Lumière

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger