Sole

23 de Novembro ás 20:00


SOLE


(SOLE)   de   CARLO SIRONI


ITALIA     2019;     102'    V.O.S.C.       









GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO A SANDRA DRZYMALSKA NO BASTIA ITALIAN FILM FESTIVAL 2020

PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2019 

PREMIO LANTERNA MÁXICA AO DIRECTOR E MENCIÓN ESPECIAL PARA O ACTOR CLAUDIO SEGALUSCIO,  NO VENECIA FILM FESTIVAL 2019

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR NO MUMBAI FILM FESTIVAL 2019

PREMIO AO MELLOR FILME NO PINGYAO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO A SANDRA DRZYMALSKA E CLAUDIO SEGALUSCIO, NO FESTIVAL DE  NOVOS CINEMAS DE MONTRÉAL 2019






SINOPSE 
Un mozo que pasa os días entre tragaperras e pequenos roubos recibe a misión de vixilar a unha moza polaca embarazada de sete meses, ela chega a Italia para dar en adopción ao neno que espera a cambio de cartos. 





CARLO SIRONI 
Director, actor, guionista e fotógrafo nado en Italia no 1983. Iníciase no cine traballando nos equipos de rodaxe como asistente do director. Debuta na realización con curtametraxes coas que compite en varios festivais internacionais, Sofia (2008), Cargo (2012), o fío de Arianna (2012) e Valparaiso (2016). Ten dirixido tamén programas para a televisión e videos musicais, para artistas independentes e grandes compañías discográficas como Warner Chapel Music. 
Foi selecioado para a Residencia de Cinefondation de Cannes para traballar na súa primeira longametraxe, Sole. Este filme é o resultado; é tamén, o seu último traballo. 



Enlaces sobre o filme: 


https://www.micropsiacine.com/2019/10/festivales-critica-de-sole-de-carlo-sironi-pingyao/

https://revistamutaciones.com/sole-critica/

https://cineuropa.org/es/newsdetail/377006/

https://cineuropa.org/es/interview/376884/

Posted by
Fernando Llor

+Info

Supa Modo

 SUPA MODO (SUPA MODO) de LIKARION WAINAINA Luns 12 ás 20:30h ALEMAÑA 2018; 74' V.O.S.C.

2018: CINETOPIA FILM FESTIVAL PREMIO DA AUDIENCIA 2018: DURBAN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL PREMIO AO DIRECTOR 2018: BLACK FILM FESTIVAL MONTREAL, MELLOR GUIÓN 2018: CAPE TOWN INTERNATIONAL FILM MARKET AND FESTIVAL, PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL 2018: CARTHAGE FILM FESTIVAL, MELLOR GUIÓN 2018: BERLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MENCIÓN ESPECIAL Ó MELLOR FILME 2018: ZANZIBAR INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MELLOR FILME 2018: HAMBURG FILM FESTIVAL, MELLOR DIRECTOR 2018: EDINBURGH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR FILME 2019: CHILDREN'S FILM FESTIVAL SEATTLE, PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO DO XURADO MOZO 

SINOPSE 

Unha nena de nove anos é fan entusiasta dos filmes de acción e soña con ser unha superheroina. O seu maior desexo é rodar unha película e ser a protagonista. Grazas a súa imaxinación esquece que está na fase terminal dunha grave doenza. A súa irmán a anima a empregar todos os seus poderes máxicos.

LIKARION WAINAINA 

Realizador, actor, produtor, guionista, montador e fotógrafo de orixe keniata nado en Moscova en 1987. Residente en Nairobi, é alí onde ven desenvolvendo unha carreira de director teatral, actor e realizador de televisión, Supa Modo é unha coproducción con Alemaña enmarcada nunha serie de proxectos destinados a desenvolver as ideas dos novos cineastas africanos. Ten rodado documentais, anuncios e series de televisión. Between the Lines (2013), é a primeira dunha serie de curtametraxes de notable éxito, proxectada nunha pantalla IMAX en Kenia por primeira vez. Bait (2015), foi seleccionada polo Festival de Cannes. Con este filme debuta como director na longametraxe, é tamén o seu último traballo. 

Enlaces sobre o filme: 


Posted by
Fernando Llor

+Info

The Bra

 THE BRA (THE BRA) de VEIT HELMER Luns 05 ás 20:30h ALEMAÑA 2018; 90' V.O.S.C.
AVANCA FILM FESTIVAL 2019: MELLOR GUIÓN, MENCIÓN ESPECIAL Ó DIRECTOR, E MELLOR ACTOR PREDRAG 'MIKI' MANOJLOVIC CINEQUEST SAN JOSE FILM FESTIVAL 2019: MELLOR FILME 

SINOPSE 

O día antes da a súa xubilación, un maquinista de tren recolle un sostén de encaixe azul enredado na locomotora. Movido pola curiosidade, inicia a busca da dona da prenda para devolvelo. 

VEIT HELMER 

Realizador, produtor, guionista, montador e fotógrafo alemán nado no 1968. Comeza a rodar películas aos catorce anos. Dous meses antes da caída do muro trásladase a Berlín Oriental para estudar teatro na escola "Ernst Busch". Do 1991 ao 1997, estuda dirección de cine no HFF de Munich. Famoso pola curtametraxe Surprise! (1995), premiada en Cannes, na Seminci e na Semana de Cine de Terror de San Sebastián. Como guionista co-escribe a longametraxe A trick odf light, dirixida por Wim Wenders. Tuvalu (1999), foi a súa primeira longametraxe na dirección, con ela acadou numerosos premios internacionais. Absurdistan (2008), foi o seguinte traballo, seleccionado en Sundance e no Festival de cine de Moscú. Outros dos seus traballos, Baikonur (2011), Gate to Heaven (2013), Quatsch und die Nasenbärbande (2014). Tamén documentais como Behind the coach: casting in Hollywood (2005), Premio da Asociación de Críticos Alemáns. Esta é o seu último traballo. 

Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Cineclube Lumière

+Info

Un branco, branco día

 SETEMBO               HVÍTUR,

                                   HVÍTUR  DAGUR  de  HLYNUR  PALMASON    

         21 Luns ás 20:30h              (UN BRANCO, BRANCO DÍA)   

                                                       ISLANDIA     2019;     109'    V.O.S.C.  

 

 



 

PREMIO ARTE INTERNATIONAL AO DIRECTOR NO ROTTERDAM INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018
PREMIO LOUIS ROEDERER FOUNDATION RISING AO ACTOR INGVAR SIGURDSSON NO CANNES FILM FESTIVAL 2019 
MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR FILME NO ZURICH FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AVANTI! AO DIRECTOR NO TORINO FILM FESTIVAL 2019 
PREMIO AO MELLOR ACTOR INGVAR SIGURDSSON, NO TRANSILVANIA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 
PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO NORDIC INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AO MELLOR FILME NO MOTOVUN FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AO MELLOR ACTOR INGVAR SIGURDSSON, NO MONTRÉAL FESTIVAL OF NEW CINEMA 2019
PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR ACTRIZ ÍDA MEKKÍN HLYNSDÓTTIR, E MELLOR DIRECTOR NO HAMPTONS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
PREMIO TALENTO AO DIRECTOR NO D'A FILM FESTIVAL BARCELONA 2020

 

 

SINOPSE

Nunha remota cidade islandesa, un xefe de policía xubilado sospeita cun home tivo un amorío coa súa muller, recén falecida nun accidente automovilístico. Pouco a pouco, a súa inquedanza por descubrir a verdade convírtese nunha perigosa obsesión.

 

 

HLYNUR  PALMASON

Realizador, guionista e produtor islandés nado no 1984. Iníciase como artista visual e máis tarde co cine, tras graduarse na  Danish National Film School, no 2013, coa galardoada curtametraxe A Painter (2012). Debuta na longametraxe con  con Winter Brothers (2017), estreada no Festival de Cine de Locarno ondea cada varios premios. Esta é a súa  segunda longametraxe é o seu último traballo.

 

 

 

 Aí vai máis información:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger