23 de Novembro ás 20:00
SOLE
(SOLE) de CARLO SIRONI
ITALIA 2019; 102' V.O.S.C.
GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO A SANDRA DRZYMALSKA NO BASTIA ITALIAN FILM FESTIVAL 2020
PREMIO FIPRESCI NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN 2019
PREMIO LANTERNA MÁXICA AO DIRECTOR E MENCIÓN ESPECIAL PARA O ACTOR CLAUDIO SEGALUSCIO, NO VENECIA FILM FESTIVAL 2019
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR NO MUMBAI FILM FESTIVAL 2019
PREMIO AO MELLOR FILME NO PINGYAO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO A SANDRA DRZYMALSKA E CLAUDIO SEGALUSCIO, NO FESTIVAL DE NOVOS CINEMAS DE MONTRÉAL 2019
SINOPSE
Un mozo que pasa os días entre tragaperras e pequenos roubos recibe a misión de vixilar a unha moza polaca embarazada de sete meses, ela chega a Italia para dar en adopción ao neno que espera a cambio de cartos.
CARLO SIRONI
Director, actor, guionista e fotógrafo nado en Italia no 1983. Iníciase no cine traballando nos equipos de rodaxe como asistente do director. Debuta na realización con curtametraxes coas que compite en varios festivais internacionais, Sofia (2008), Cargo (2012), o fío de Arianna (2012) e Valparaiso (2016). Ten dirixido tamén programas para a televisión e videos musicais, para artistas independentes e grandes compañías discográficas como Warner Chapel Music.
Foi selecioado para a Residencia de Cinefondation de Cannes para traballar na súa primeira longametraxe, Sole. Este filme é o resultado; é tamén, o seu último traballo.
Enlaces sobre o filme:
https://www.micropsiacine.com/2019/10/festivales-critica-de-sole-de-carlo-sironi-pingyao/
https://revistamutaciones.com/sole-critica/
https://cineuropa.org/es/newsdetail/377006/
https://cineuropa.org/es/interview/376884/
Posted by
Fernando Llor