Sen señas particulares

LUNS 18 DE XANEIRO ÁS 20:00              

SIN  SEÑAS  PARTICULARES  de  FERNANDA  VALADEZ
(SEN  SEÑAS  PARTICULARES) 
MÉXICO/ESPAÑA   2020;   99'  V.O.S.C.




                       






FILME PREMIADO CO WORK IN PROGRESS DO FESTIVAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN, 2020

PREMIO DO PÚBLICO E  PREMIO ESPECIAL DO XURADO Ó MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL DE SUNDANCE. 2020

PREMIOS MORELIA:  MELLOR FILME MEXICANO, PREMIO DO PÚBLICO E PREMIO Á MELLOR ACTRIZ 2020

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR FILME NOVEL, NO STOCKHOLM FILM FESTIVAL 2020 

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO THESSALONIKI FILM FESTIVAL 2020

PREMIO AO MELLOR FILME NO ZURICH FILM FESTIVAL 2020
 

SINOPSE

Unha muller inicia unha travesía na busca do seu fillo,  desaparecido na ruta á fronteira cos Estados Unidos. O percorrido desta nai  entre vilas e paisaxes desoladas do México actual facilita a comprensión dun país que descoñece.

FERNANDA  VALADEZ

Realizadora, guionista e produtora mexicana. Graduada no Centro de Capacitación Cinematográfica (CCC). Iníciase na profesión no 2010 coa curtametraxe De este mundo, acadando varios premios. 400 maletas (2014), foi o seu traballo fin de curso, unha curtametraxe seleccioada para a Editing Studio de Berlinale Talents,  acadando diferentes premios orredor do mundo. Debuta na longametraxe con este filme, escrito coa bolsa de Artistas Mozos do Fondo Nacional das Artes (FONCA), proxecto que acada máis tarde financiamento de FOPROCINE (Fondo Mexicano para a Produción de Cine de Calidade) e tamén, dos fondos de postprodución do EFICINE.

No 2018, acada unha bolsa de guión do FONCA, coa que está escribindo a seguinte longametraxe,  Rambler. É tamén socia fundadora das produtoras Enaguas cine e Corpulenta, coas que ten producido os filmes Plástico, de Ricardo Soto (2015), desenvolvido na Academia de cineastas de Locarno, e  Os días máis escuros de nós, de Astrid Rondero, apoiado polo Fondo para América Latina de Tribeca e a Berlinale Talents Script Station, nomeada como mellor ópera prima e mellor actriz pola Academia das Artes Cinematográficas de México.

Este é o seu último traballo.                                   


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

A camareira de piso

 DECEMBRO                     LA CAMARISTA  de    LILA   AVILÉS

07                                             (A CAMAREIRA DE PISO)
Luns 20;00h                           MÉXICO 2018; 102' V.O.S.C.








 


PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NOS PREMIOS PLATINO DO CINE IBEROAMERICANO, 2020 

PREMIO AO MELLOR FILME NO WORLD CINEMA AMSTERDAM, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO PORTLAND INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL DO NEW YORK FILM CRITICS, ONLINE, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO SAN FRANCISCO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO DA CRÍTICA E Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO LIMA LATIN AMERICAN FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL NO PREMIOS ARIEL DO CINE MEXICANO, 2019

MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO Ó CINE LATINO NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2019

PREMIO AO MELLOR FILME MEXICANO NO MORELIA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018

PREMIO Á DIRECTORA NO MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL “LISTAPAD”, 2018 

PREMIO Á DIRECTORA NO MARRAKECH INTERNATIONAL FILM FESTIVAl, 2018

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOVEL E MELLOR PRODUCCIÓN NO HAVANA FILM FESTIVAL, 2018




SINOPSE
Unha moza traballadora nun dos hoteis máis luxosos da Cidade de México con xornadas laborais eternas, que dificultan a súa tarefa como nai, aspira a ter un ascenso e mellorar a súa calidade de vida accedendo ó coidado dos cuartos máis exclusivos. 



LILA AVILÉS
Actriz. Guionista e directora nada en 1982, na Cidade de México. Estuda Artes escenicas en Casazul, onde tivo como mestres a actores como José Caballero e Ximena Escalante. Ao mesmo tempo estuda tamén guión cinematográfico con Beatriz Novaro e dirección de escena con Martín Acosta.

Supo que quería ser directora dende moi nova, xa entón iba montando historias familiares coas fotografías que tiña a súa tía sobre as viaxes dos seus avos mariñeiros, e pronto iníciase no medio como actriz e máis tarde, na dirección de obras de teatro que ela mesma escribía. Tras dirixir varias curtametraxes no 2016, roda a mediometraxe documental "Nena" (2017). 
Este é o seu debut na longametraxe e o seu último traballo como directora.



Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Ayka

 DECEMBRO                     AYKA   de     SERGEY    DVORTSEVOY

14                                                         (AYKA)
Luns 20;00h
              RUSIA/ALEMAÑA/POLONIA/KAZAJISTÁN/CHINA 2018; 109' V.O.S.C. 

                       




                                    







PREMIO AO DIRECTOR NO BERGEN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2018 

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA, NO CANNES FILM FESTIVAL 2018 

PREMIO AO DIRECTOR NO OSLO FILMS FROM THE SOUTH FESTIVAL 2018 

GRAN PREMIO DO XURADO AO DIRECTOR NO TOKYO FILMEX 2018 

PREMIO AO MELLOR FILME NO COTTBUS FILM FESTIVAL OF YOUNG EAST EUROPEAN CINEMA2018 

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA NO ANTALYA FILM FESTIVAL 2018 

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA NOS PREMIOS ASIAN FILMS 2019 

PREMIO DA AUDIENCIA Á MELLOR ACTRIZ SAMAL YESLYAMOVA, E AO MELLOR DIRECTOR NOS GOLDEN ROOSTER AWARDS 2019 





SINOPSE 

Tras parir ao seu fillo, decide que non pode críalo. Vive en Moscova de xeito ilegal, sen traballo, e chea de débedas. Non ten nin sitio onde durmir. Poderá reprimir os seus instintos? 



SERGEY DVORTSEVOY 
Director, guionista, montador e produtor nado no 1962 en Chimkent, Kazajistán. Graduado no 1982 na Universidade Nacional de Aviación en Krivoi Rog, Ucrania, logo amplia estudos na Facultade de Radiotecnia do Instituto Electrotécnico de Novosibirsk. Máis tarde ingresa na Escola de Cine de Moscova, onde se gradúa no 1993. Tras ter traballado durante nove anos para a compañía aérea Aeroflot como inxeneiro de radio, iníciase no cine rodando varios documentais: "Paradise" (1995), "Bread day" (1998), "Highway" (1999). Pasa a ficción con "Tulpan" (2008), unha aclamada película estreada no Festival de Cine de Cannes, onde acadou o Premio Unha Certa Ollada. 
Este é o seu último traballo .



Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Papicha, soños de libertade

 DECEMBRO                                  PAPICHA    de     MOUNIA   MEDDOUR

21                                                      (PAPICHA, SOÑOS DE LIBERDADE)
Luns 20;00h                      FRANCIA/ARXELIA/BÉLXICA/QATAR 2019; 108' V.O.S.C.




                                   






2019: PREMIOS CÉSAR: MELLOR ÓPERA PRIMA E MELLOR ACTRIZ REVELACIÓN (LYNA KHOUDRI)

2019: FESTIVAL DE VALLADOLID – SEMINCI- : PREMIO Á MELLOR DIRECTORA NOVEL E PREMIO DA AUDIENCIA

2019: MELLOR FILME ÁRABE NO EL GOUNA FILM FESTIVAL 

2019: PREMIO HUMANITARIO Á MELLOR DIRECCIÓN NOS SATELLITE AWARDS 

 

 



SINOPSE
Baseado en feitos reais, o filme está ambientado nos anos 90 onde unha estudante universitaria trata de vivir unha vida normal, fóra dos acontecementos sociais que están agromado no país. Ela decide loitar pola súa liberdade organizando coas súas mellores amigas un desfile de moda na Universidade e desafiar todas as normas establecidas.





MOUNIA MEDDOUR
Directora, guionista e produtora nada no 1978 en Moscova. De pai alxerino e nai rusa, creceu e se educou en Francia. Iníciase no cine no 2011 co documental "Cinèma algèrien, un noveau souffle". Logo roda as curtametraxes, "Hitman" (2007) e "Edwige" (2012).

Con este filme debuta na longametraxe. Ambientado na década dos anos noventa, cando se implanta en Alxeria o multipartidismo e colle forza o chamado Fronte Islámico de Salvación, unha década de violencia, de proliferación de grupos islamistas, de guerra relixiosa e de atentados terroristas. Papicha é o nome que se utiliza alí para referirse á unha muller moza, independente, e contraria ás costumes tradicionais fronte á familia e a relixión.  
Este é o seu último traballo .



Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger