Corpus Christi

BOŻE  CIAŁO   de  JAN   KOMASA

(CORPUS CHRISTI) 

POLONIA/FRANCIA     2019;  115'  V.O.S.C. 





                             






PREMIO LABEL EUROPA CINEMAS AO MELLOR FILME NA MOSTRA DE CINE DE VENECIA 2019

PREMIO MENCIÓN ESPECIAL DE NOVAS VISIÓNS, AO DIRECTOR NO REYKJAVIK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019

PREMIO AO MELLOR FILME E MELLOR DIRECTOR, NO MINSK INTERNATIONAL FILM FESTIVAL “LISTAPAD” 2019

PREMIO AO MELLOR ACTOR BARTOSZ BIELENIA, E MELLOR FILME NO EKRAN - TORONTO POLISH FILM FESTIVAL, CA 2019

PREMIO NO CHICAGO FILM FESTIVAL AO MELLOR ACTOR (BARTOSZ BIELENIA) 2019

PREMIO AO MELLOR ACTOR (BARTOSZ BIELENIA) NO STOCKHOLM FILM FESTIVAL 2019

PREMIO DA CRÍTICA E PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO CINEAST 2019

PREMIO AO MELLOR ACTOR (BARTOSZ BIELENIA) NO FESTIVAL INTERNATIONAL DU FILM INDÉPENDANT DE BORDEAUX (FIFIB) 2019

PREMIO DA ASOCIACIÓN DE REALIZADORES POLACOS AO MELLOR FILME  POLACO 2019

PREMIO AO MELLOR ACTOR BARTOSZ BIELENIA, E MELLOR DIRECTOR NO EL GOUNA FILM FESTIVAL 2019

PREMIO AO MELLOR FILME E GRAN PREMIO DO XURADO NO BRASILIA FILM FESTIVAL 2020

PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NO VILNIUS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020

PREMIO AO MELLOR ACTOR (BARTOSZ BIELENIA) NO FARO ISLAND FILM FESTIVAL 2020

PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR ACTORES, MELLOR DIRECTOR, MELLOR GUIÓN, MELLOR FOTOGRAFÍA, E MELLOR MONTAXE NOS   PREMIOS DO CINE POLACO 2020

PREMIO CARLOS VELO AO MELLOR DIRECTOR NO OURENSE INDEPENDENT FILM FESTIVAL 2020

PREMIO FIPRESCI AO MELLOR ACTOR BARTOSZ BIELENIA, E MELLOR DIRECTOR NO PALM SPRINGS INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020

PREMIO AO MELLOR ACTOR BARTOSZ BIELENIA, E MELLOR FILME NOS PREMIOS DÍAS DE CINE 2021



 

Sinopse

Un mozo experimenta unha transformación espiritual mentres vive nun Centro de Detención Xuvenil. Quere ser sacerdote, pero ten antecedentes penais. Cando marcha a traballar á carpintería dunha pequena  vila faise pasar por sacerdote e, unha casualidade, ponno ao frente da parroquia local.




JAN   KOMASA

 Director, guionista e fotógrafo nado en  Poznan, no 1981. Debuta na longametraxe con Ode to Joy (2005). Tras dirixir  videos musicais e publicitarios, no  2008  estrea Suicide Room, e logo Varsovia 1944 (2014).  Tras o seu  éxito no cine colle un descanso e iníciase na televisión, para o que se une a Wendy West e Netflix na serie Ultaviolet (2017). Ten  tamén unha prolífica traxectoria no teatro. Di que optou pola sétima arte grazas ao filme A lista de Schindler, no que traballou o seu pai cando el tiña 12 anos, e ao que acompañaba ás rodaxes. 

O seu último traballo, Hater (2020),  pódese ollar na plataforma Netflix.

Este é o seu último traballo. 


                                   


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Temblores

TEMBLORES    de   JAYRO  BUSTAMANTE

(TEMBLORES) 

GUATEMALA     2019;     107'    V.O.


                             




PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO NEWFEST: NEW YORK'S LGBT FILM FESTIVAL 2019

PREMIO AO MELLOR FILME LATINOAMERICANO NO SAN SEBASTIÁN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019

PRIEMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL NO MINNEAPOLIS ST. PAUL INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019

GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR GUIÓN NO LESGAICINEMAD, MADRID INTERNATIONAL LGBT FILM FESTIVAL 2019

GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR ACTOR (JUAN PABLO OLYSLAGER), NO  L.A. OUTFEST 2019

PREMIO AO MELLOR FILME, MELLORES ACTORES (JUAN PABLO OLYSLAGER E MAURICIO ARMAS ZEBADÚA), NO ICARO-FESTIVAL DE CINE E VIDEO EN CENTROAMERICA 2019

PREMIO AO MELLOR FILME NO COSTA RICA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019

PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO GUADALAJARA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019






Sinopse

Triloxía do desprezo. Pablo é un  “bo home”: un cristiano evanxélico practicante, de 40 anos, casado e con dous fillos. Pero un día Pablo namórase de Francisco, quere deixalo todo e abandoar a súa devota familia evanxélica. A súa familia pon a fe en primeiro lugar e se aferran á idea de poder "curar" a Pablo.





 

JAYRO  BUSTAMANTE

Director, produtor, guionista e montador nado no 1977, en Guatemala, aínda que dende neno viviu nunha comunidade maia nos arredores do Lago de Atitlán, en Sololá. A súa vida neste lugar espertou o seu  interés polo contexto social e a necesidade de facer cine.

Máis tarde marcha a vivir a Cidade de Guatemala para estudar Publicidade e Comunicación na  Universidade San Carlos de Guatemala. Iníciase como director de anuncios publicitarios na axencia Ogilvy & Mather. Logo viaxa a Europa para continuar cos seus estudos de cine, formándose como realizador no Conservatorio Libre du Cinéma Français de París e como guionista no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. De volta en Guatemala, crea unha produtora coa que roda a súa primeira longametraxe, Ixcanul (2015), con ela acada numerosos premios xunto a sona e prestixio internacional.

A chorona  (2019), é o seu último traballo.





Enlaces sobre o filme: 


Posted by
Fernando Llor

+Info

Ane

LUNS 11 DE XANEIRO ÁS 20:00

ANE    de    DAVID  P.  SAÑUDO

(ANE)  

ESPAÑA     2020;   100'   V.O.S.C.







PREMIO AO MELLOR FILME E GUIÓN VASCO NO FESTIVAL INTERNACIONAL CINE  DE SAN SEBASTIÁN 2020                                                                       

 

SINOPSE

Euskadi, 2009. Unha muller traballa como guardia de seguridade nas obras do tren de alta velocidade, un proxecto que xera protestas sociais nas rúas. Cando volve a casa despois de traballar e saír de festa, prepara o pequeno almorzo, pero a súa filla, non está. Xunto á  ex parella van na a súa busca, mergullándose no seu mundo activista e inestabel.

DAVID  P.  SAÑUDO

Guionista, produtor e realizador nado no 1987 en Bilbao. Ven traballando tanto na producción como na dirección para teatro, cine e publicidade dende o 2010.

No 2012 funda a produtora con sede en Vitoria Amania Films,  xunto a Luis Espinosa, na que veñen traballando en curtametraxes e series para a televisión. As curtametraxes Oculto, e O cobertor e a nai, xunto a longametraxe Retrato de muller branca con pelo cano e arrugas, aínda sen estrear, son os seus últimos traballos. 


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Sen señas particulares

LUNS 18 DE XANEIRO ÁS 20:00              

SIN  SEÑAS  PARTICULARES  de  FERNANDA  VALADEZ
(SEN  SEÑAS  PARTICULARES) 
MÉXICO/ESPAÑA   2020;   99'  V.O.S.C.




                       






FILME PREMIADO CO WORK IN PROGRESS DO FESTIVAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN, 2020

PREMIO DO PÚBLICO E  PREMIO ESPECIAL DO XURADO Ó MELLOR GUIÓN NO FESTIVAL DE SUNDANCE. 2020

PREMIOS MORELIA:  MELLOR FILME MEXICANO, PREMIO DO PÚBLICO E PREMIO Á MELLOR ACTRIZ 2020

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR FILME NOVEL, NO STOCKHOLM FILM FESTIVAL 2020 

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO THESSALONIKI FILM FESTIVAL 2020

PREMIO AO MELLOR FILME NO ZURICH FILM FESTIVAL 2020
 

SINOPSE

Unha muller inicia unha travesía na busca do seu fillo,  desaparecido na ruta á fronteira cos Estados Unidos. O percorrido desta nai  entre vilas e paisaxes desoladas do México actual facilita a comprensión dun país que descoñece.

FERNANDA  VALADEZ

Realizadora, guionista e produtora mexicana. Graduada no Centro de Capacitación Cinematográfica (CCC). Iníciase na profesión no 2010 coa curtametraxe De este mundo, acadando varios premios. 400 maletas (2014), foi o seu traballo fin de curso, unha curtametraxe seleccioada para a Editing Studio de Berlinale Talents,  acadando diferentes premios orredor do mundo. Debuta na longametraxe con este filme, escrito coa bolsa de Artistas Mozos do Fondo Nacional das Artes (FONCA), proxecto que acada máis tarde financiamento de FOPROCINE (Fondo Mexicano para a Produción de Cine de Calidade) e tamén, dos fondos de postprodución do EFICINE.

No 2018, acada unha bolsa de guión do FONCA, coa que está escribindo a seguinte longametraxe,  Rambler. É tamén socia fundadora das produtoras Enaguas cine e Corpulenta, coas que ten producido os filmes Plástico, de Ricardo Soto (2015), desenvolvido na Academia de cineastas de Locarno, e  Os días máis escuros de nós, de Astrid Rondero, apoiado polo Fondo para América Latina de Tribeca e a Berlinale Talents Script Station, nomeada como mellor ópera prima e mellor actriz pola Academia das Artes Cinematográficas de México.

Este é o seu último traballo.                                   


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger