EL DIABLO ENTRE LAS PIERNAS
(O DEMO ENTRE AS PERNAS) de ARTURO RIPSTEIN
MÉXICO 2019; 147’ V.O.
2020: FESTIVAL DE MÁLAGA: MELLOR DIRECCIÓN
SINOPSE
Cada día Beatriz é vellada por parte da a súa parella, un home celoso, do que non fuxe pola dependencia. Ela non é capaz de imaxinar unha vida distinta. Unha noite sae da casa sen rumbo cun só propósito: ter sexo.
ARTURO RIPSTEIN
Director, montador, actor, guionista e produtor, nado en México D.F. en 1944. Iníciase na profesión moi mozo, familiarizado polo seu pai que era produtor de cine. Con quince anos, tras presenciar a rodaxe de Nazarín, coñece a Luis Buñuel, co que desenvolve unha estreita relación mestre-alumno. No 1965, cun guión de Gabriel García Márquez e Carlos Fuentes, debuta na longametraxe: Terror de morrer. A década dos setenta foi unha das etapas máis prolíficas da a súa carreira, os seus filmes forman parte dos máis importantes do cine mexicano contemporáneo, entre eles: O castelo da pureza (1972), Un lugar sen límites (1977), Cadea perpetua (1978).
Unha das ferramentas que utiliza é o plano-secuencia, e son notorios os temas que elixe, a soidade das almas e a imposibilidade de mudar a propia natureza. Considerado como un cineasta controvertido, ven sendo amado e odiado a partes iguais.
No 1997, acada o Premio Nacional de Ciencias e Artes na área de Belas Artes; é o segundo cineasta en México en acadalo, o primeiro foi Luis Buñuel.
Este é o último traballo.
Enlaces sobre o filme:
Posted by
Fernando Llor



