Dating Amber

DATING  AMBER   de   DAVID  FREYNE

(DATING AMBER) 

IRLANDA    2019;    92’     V.O.S.C.




             

                         





PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO NEWFEST: NEW YORK'S LGBT FILM FESTIVAL 2020

 

 

 

 

SINOPSE

Na Irlanda dos anos 80, dous adolescentes moi amigos finxen ser parella para alonxar os rumores sobre a súa orientación sexual que corren polo instituto. Diferentes circunstancias fan que o arranxo comence a esmorecer, e aveciña un perigoso futuro.  


 



*Contaremos coa presenza da asociación Avante

 https://es-es.facebook.com/Avante-LGBT-Vigo-2091647951096304/

 




DAVID  FREYNE

Director e guionista irlandés. Iníciase como realizador con varias curtametraxes moi premiadas. Debuta na longametraxe con The Cured (2017), protagonizada por Ellen Page, foi aclamada pola crítica.

Esta é a súa segunda longametraxe é o seu último traballo.


                  


                 


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Horizon

LE MILIEU DE L'HORIZON  de  DELPHINE  LEHERICEY

(HORIZON) 

BÉLXICA/SUÍZA     2019;    88’    V.O.S.C.






                       







PREMIO MELLOR FILME, MELLOR GUIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NOS SWISS FILM PRIZE, 2020
PREMIO LURRA, OUTORGADO POR GREENPEACE  Á DIRECTORA NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN, 2019

 

 





 

SINOPSE

A sequía de 1976. Baixo o sol despiadado dese verán un neno vai abandoando a súa infancia. A natureza esmorece, os sentimentos a flor de pel  estoupan o núcleo familiar.  Todo quebrado, sucede o inimaxinable.




*Contaremos coa presenza da asociación Nós Mesmas

 http://asonosmesmas.blogspot.com/

https://es-es.facebook.com/asociacionnosmesmas

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2021/02/13/llegan-padres-hijos-transsede-proyectos/0003_202102V13C12991.htm

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/06/12/heterosexualidad-sale-armario-orgullo-vigo-15169737.html

 





DELPHINE  LEHERICEY

Directora, actriz e guionista.  Ten realizado varios documentais para a televisión:  Les arbitres (2009), Made in Belgium (2012) e Un chef et sa bonne étoile. En 2013  debuta na ficción coa longametraxe Puppylove, coa que competiu na sección  Novos Directores no Festival de San Sebastián. Esta é a segunda longametraxe, presentada tamén na  sección  Novos Directores no Festival de San Sebastián, onde acadou o Premio Lurra de Greenpeace, que premia o filme do festival que mellor reflicte os valores medioambientais e de paz.


O seu último traballo como directora é 
Last Dance, aínda sen estrear . 







Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

A lección de alemán

DEUTSCHSTUNDE   de   CHRISTIAN  SCHWOCHOW

(A LECCIÓN DE ALEMÁN ) 

ALEMAÑA 2019;   130’   V.O.S.C.

                 

    









GUENTER ROHRBACH FILMPREIS 2019, PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO BAVARIAN FILM AWARDS 2020
    


                                                                


 

SINOPSE

Un neno illado, o seu autoritario pai, comisario de policía nunha vila costeira, e o pintor Max Ludwig Nansen (personaxe de ficción inspirado nos artistas expresionistas rexeitados e considerados “enfermizos e dexenerados”). O filme, baseado na novela homónima de Siegfried Lenz, plasma a represión artística que houbo silenciando e ameazando a artistas que seguían as vangardas modernas no réxime nacionalsocialista.

 

 

CHRISTIAN  SCHWOCHOW

Director, actor e guionista nado en Alemaña no 1978.  Graduado no 2008 na Academia de Cine de Baden-Württemberg coa súa primeira longametraxe, "Novemberkind". A esta lle sigue Die Unsichtbare, e debuta na  televisión con  Der Turm.

O seguínte filme foi "West" (2013). no 2014 dirixe para a televisión o filme "Bornholmer Straße", unha traxicomedia sobre a caída do Muro, e tamén, a primeira parte da triloxía de "NSU, Heute ist nicht alle Tage", para a emisora pública alemana ARD. no 2016, estrea a longametraxe "Paula" e, o mesmo ano, dirixe a serie "Bad Banks".  Tamén dirixiu episodios da tempada tres  da serie de Netflix "The Crown".

O seu último traballo é  "Je suis Karl", filme  seleccioado para a sección Berlinale Special, no Festival Internacional de Cine de Berlín 2021.





Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

A derradeira primavera

LA  ÚLTIMA  PRIMAVERA   de   ISABEL  LAMBERTI

(A DERRADEIRA PRIMAVERA)

ESPAÑA/HOLANDA 2020;  77’   V.O.S.C.


                         








                             





2020: FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN: PREMIO NOVOS DIRECTORES

 

 

 

 

 

SINOPSE

A familia Gabarre-Mendoza celebra o aniversario do seu neto, pero unha inspección policial interrompe a festa. Na Cañada Real, un barrio de chabolas na periferia de  Madrid, xurden tensións entre as autoridades e a veciñanza, os terreos foron vendidos e as familias son obrigadas a deixar as vivendas que construíron. Con pesadelos e medo intentan atopar unha solución, pero a burocracia do sistema non o pon doado.  

 



 

ISABEL  LAMBERTI

Directora e guionista. Antes de asistir ós cursos da Academia de Cine Holandesa tamén gradúase en Estudos de Cine na Universidade de Amsterdam e na Escola de Artes TISCH en Nova York. O seu filme do tercer ano "Vuurrood", foi selecioado por un gran número de festivais de cine e acadou varios premios. Estrea a súa película de graduación, "Volando Vou", unha curtametraxe documental, no festival de cine de San Sebastián onde acada o Premio Torino (2015).

Este filme é o seu debut na longametraxe e o seu último traballo.




                                   


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger