Unha nena

PETITE  FILLE   de   SÉBASTIEN  LIFSHITZ

(UNHA NENA)

FRANCIA/DINAMARCA    2020;   85’   V.O.S.C.

   





PREMIO AO MELLOR FILME NON FICCIÓN (AS NOVAS VAGAS) DO FESTIVAL DE CINE EUROPEO DE SEVILLA 2020

PREMIO AO MELLOR SON EUROPEO 2020.

PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO  FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CHICAGO  E PREMIO AO MELLOR FILME NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GANTE 2020

 

             



SINOPSE

Sasha ten sete anos, sempre tivo claro que era unha nena, aínda que nacera atrapada nun corpo de neno. A medida que a sociedade fracasa, e  non a  trata como ás demais nenas da a súa idade, a súa  familia lidera unha pelexa constante fronte á violenta rixidez dos prexuízos sociais, para tratar de que a súa diferencia sexa entendida e aceptada.  



*Contaremos coa presenza da asociación Chrysallis

https://chrysallis.org/?gclid=Cj0KCQjw78yFBhCZARIsAOxgSx21IMZYsrhzY54-YmGD7X52upQS7RRltqyMSEB0oPvduoH3vNwtVnMaAiBdEALw_wcB

https://chrysallis.org/tag/galicia/

https://www.atlantico.net/articulo/vigo/identidad-orientacion-sexual/20210425000425834647.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/03/02/nace-galicia-chrysallis-asociacion-menores-transexuales/0003_201503G2P24992.htm



SÉBASTIEN  LIFSHITZ

Director, actor e guionista nado en 1968 en París. Tras estudar Historia da Arte, comeza a traballar no mundo da arte contemporánea en 1990. Logo iníciase no Cine e debuta na longametraxe con  Primer verano (2000), aclamada pola crítica. Logo dirixe o documental,  The Crossing, estreado na Quincena dos Realizadores, 2001. O seguinte traballo foi wild side, presentado  na sección Panorama da Berlinale, 2004, onde acadou o Premio Teddy. Logo rodou Os invisibles,  presentada na Sección Oficial de Cannes 2012, Bambi,  presentada na sección Panorama da Berlinale 2013, As vidas de Teresa, presentada na Quincena dos Realizadores, 2016, e  Adolescentes, presentada no Festival de  Locarno 2019.

Este é o seu último traballo, presentado na  Berlinale 2020.



Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Dating Amber

DATING  AMBER   de   DAVID  FREYNE

(DATING AMBER) 

IRLANDA    2019;    92’     V.O.S.C.




             

                         





PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO NEWFEST: NEW YORK'S LGBT FILM FESTIVAL 2020

 

 

 

 

SINOPSE

Na Irlanda dos anos 80, dous adolescentes moi amigos finxen ser parella para alonxar os rumores sobre a súa orientación sexual que corren polo instituto. Diferentes circunstancias fan que o arranxo comence a esmorecer, e aveciña un perigoso futuro.  


 



*Contaremos coa presenza da asociación Avante

 https://es-es.facebook.com/Avante-LGBT-Vigo-2091647951096304/

 




DAVID  FREYNE

Director e guionista irlandés. Iníciase como realizador con varias curtametraxes moi premiadas. Debuta na longametraxe con The Cured (2017), protagonizada por Ellen Page, foi aclamada pola crítica.

Esta é a súa segunda longametraxe é o seu último traballo.


                  


                 


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Horizon

LE MILIEU DE L'HORIZON  de  DELPHINE  LEHERICEY

(HORIZON) 

BÉLXICA/SUÍZA     2019;    88’    V.O.S.C.






                       







PREMIO MELLOR FILME, MELLOR GUIÓN E MELLOR PRODUCIÓN NOS SWISS FILM PRIZE, 2020
PREMIO LURRA, OUTORGADO POR GREENPEACE  Á DIRECTORA NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN, 2019

 

 





 

SINOPSE

A sequía de 1976. Baixo o sol despiadado dese verán un neno vai abandoando a súa infancia. A natureza esmorece, os sentimentos a flor de pel  estoupan o núcleo familiar.  Todo quebrado, sucede o inimaxinable.




*Contaremos coa presenza da asociación Nós Mesmas

 http://asonosmesmas.blogspot.com/

https://es-es.facebook.com/asociacionnosmesmas

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2021/02/13/llegan-padres-hijos-transsede-proyectos/0003_202102V13C12991.htm

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/06/12/heterosexualidad-sale-armario-orgullo-vigo-15169737.html

 





DELPHINE  LEHERICEY

Directora, actriz e guionista.  Ten realizado varios documentais para a televisión:  Les arbitres (2009), Made in Belgium (2012) e Un chef et sa bonne étoile. En 2013  debuta na ficción coa longametraxe Puppylove, coa que competiu na sección  Novos Directores no Festival de San Sebastián. Esta é a segunda longametraxe, presentada tamén na  sección  Novos Directores no Festival de San Sebastián, onde acadou o Premio Lurra de Greenpeace, que premia o filme do festival que mellor reflicte os valores medioambientais e de paz.


O seu último traballo como directora é 
Last Dance, aínda sen estrear . 







Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

A lección de alemán

DEUTSCHSTUNDE   de   CHRISTIAN  SCHWOCHOW

(A LECCIÓN DE ALEMÁN ) 

ALEMAÑA 2019;   130’   V.O.S.C.

                 

    









GUENTER ROHRBACH FILMPREIS 2019, PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA
PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO BAVARIAN FILM AWARDS 2020
    


                                                                


 

SINOPSE

Un neno illado, o seu autoritario pai, comisario de policía nunha vila costeira, e o pintor Max Ludwig Nansen (personaxe de ficción inspirado nos artistas expresionistas rexeitados e considerados “enfermizos e dexenerados”). O filme, baseado na novela homónima de Siegfried Lenz, plasma a represión artística que houbo silenciando e ameazando a artistas que seguían as vangardas modernas no réxime nacionalsocialista.

 

 

CHRISTIAN  SCHWOCHOW

Director, actor e guionista nado en Alemaña no 1978.  Graduado no 2008 na Academia de Cine de Baden-Württemberg coa súa primeira longametraxe, "Novemberkind". A esta lle sigue Die Unsichtbare, e debuta na  televisión con  Der Turm.

O seguínte filme foi "West" (2013). no 2014 dirixe para a televisión o filme "Bornholmer Straße", unha traxicomedia sobre a caída do Muro, e tamén, a primeira parte da triloxía de "NSU, Heute ist nicht alle Tage", para a emisora pública alemana ARD. no 2016, estrea a longametraxe "Paula" e, o mesmo ano, dirixe a serie "Bad Banks".  Tamén dirixiu episodios da tempada tres  da serie de Netflix "The Crown".

O seu último traballo é  "Je suis Karl", filme  seleccioado para a sección Berlinale Special, no Festival Internacional de Cine de Berlín 2021.





Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger