A simple life

A    SIMPLE    LIFE    (UNHA VIDA SINXELA) 

 CHINA  2011;   

111minutos/ COR V.O.S.C.    




-PREMIO EQUAL OPPORTUNITY, PREMIO GIANNI ASTREI, PREMIO NAZARENO TADDEI, PREMIO SIGNIS, COPA VOLPI Á MELLOR ACTRIZ, DEANNIE YIP, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VENECIA, 2011
-PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, DEANNIE YIP E MELLOR ACTOR, ANDY LAU, NOS PREMIOS DO CINE ASIÁTICO, 2012
-PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, DEANNIE YIP, MELLOR ACTOR, ANDY LAU, E CABALO DE OURO Á MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE DURBAN, 2012
-PREMIO Á MELLOR ACTRIZ, DEANNIE YIP E MELLOR ACTOR, ANDY LAU, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR GUIÓN, NOS PREMIOS DO CINE DE HONG KONG, 2012
-PREMIO AO MELLOR FILME E Á DIRECTORA COMO MELLOR ESTUDANTE ESTRANXEIRA, NOS PREMIOS PARIS CINEMA, 2012

SINOPSE
Cóntanos a relación de toda unha vida entre Roger, un produtor de cine de mediana idade, e a súa asistenta, unha muller que se ten ocupado del dende neno e ten traballado para a súa familia durante máis de sesenta anos. Cando ela se xubila, non ten a ninguén que a poida axudar, así que el decide devolver tantos anos de servizo.

ANN HUI
Actriz, produtora e realizadora nada en Anshan, Manchuria, en 1947. A familia desprázase a Macau e logo a Hong Kong cando ela tiña cinco anos. Graduada en Lingua e Literatura inglesa pola Universidade de Hong Kong en 1972. Logo viaxa a Londres a estudar dous anos na London International Film School. Volve a Hong Kong en 1975, iníciase profesionalmente traballando para TVB como directora, realizando series e documentais en 16 mm e como asistente de King Hu. A súa obra con máis sona desta época é Boy From Vietnam (1978), primeira da triloxía de filmes sobre Vietnam. Deixa a televisión en 1979, e debuta no cine coa longametraxe The Secret, un “thriller” baseado nun caso de asasinato real protagonizado pola taiwanesa Sylvia Chang, que foi ben recibido pola crítica e público. En 1981 dirixe The Spooky Bunch unha historia de fantasmas e The Story of Woo Viet coa que continuaba a triloxía vietnamita. Os seguintes filmes céntranse en asuntos políticos e sociais, Boat People (1982), Love in a Fallen City (1984). The Song of Exile (1990) filme semiautobiográfico, no que amosa a perda da identidade e a desorientación dunha nai exiliada e a súa filla ao chocaren coa cultura e a historia do país que as recibe.

Outros dos seus filmes, Summer Snow (1995), Eighteen Springs (1997), Ordinary Heroes (1999), July Rhapsody (2002), Jade Goddess of Mercy (2003), The Postmodern Life of My Aunt (2006). O seu ultimo traballo é o segmento My Way, dentro da película Beautiful (2012).


podedes ollar o tráiler subtitulado en español en: http://www.youtube.com/watch?v=thjL5Vrbkd0

Posted by
Fernando Llor

+Info

Shekarchi

SHEKARCHI      (O CAZADOR)
 IRÁN/ALEMAÑA 2010;   

90 minutos/ COR V.O.S.C.   




SINOPSE
Un home que sae do cárcere intenta aproveitar o tempo coa súa muller e a súa filla, a pesar de traballar de noite. Tamén busca tempo para escapar do estrés da vida na cidade e practica a caza, o seu pasatempo favorito. Todo muda cando a súa muller é asasinada accidentalmente durante un tiroteo entre a policía e uns manifestantes. Tamén a súa filla ten desaparecido. Tras a primeira experiencia frustrante na comisaría de policía, decide buscala el mesmo.

RAFI PITTS
Guionista, actor, montador, produtor e realizador nado en Mashad, Irán, en 1967. Pasou a infancia en Teherán, vivía nun apartamento do soto debaixo dun estudo de post-produción. Con oito anos chega a Inglaterra. Se gradúa en Cine e Fotografía no 1991, na Polytechnic of Central London. Iníciase profesionalmente coa curtametraxe In Exile (1991), presentada ese mesmo ano no Festival Internacional de Cine de Londres. Logo trasládase a París e traballa con Leos Carax, Jacques Doillon e Jean-Luc Godard. Debuta na longametraxe como realizador con Quinta temporada (1997), a primeira coprodución franco-iraní dende a Revolución.


Na a súa filmografía destacamos: Sanam (2000), Abel Ferrara: Not Guilty (2003) É inverno (2006), 60 segundos de soedade no ano cero (2011), o seu último traballo.

Podedes ollar o tráiler subtitulado en inglés en: http://www.youtube.com/watch?v=K__lXagtZsQ

Posted by
Fernando Llor

+Info

L'enfant d'en haut

L’ENFANT D’EN HAUT (SISTER)
FRANCIA/SUÍZA  2012;
100 minutos/ COR V.O.S.C.


-PREMIO AO MELLOR FILME, MELLORES ACTORES, BESTER DARSTELLER E KACEY MOTTET KLEIN, E MELLOR GUIÓN NOS PREMIOS DO CINE SUÍZO, 2013
-PREMIO AO MELLOR ACTOR, KACEY MOTTET KLEIN, NO HAWAII INTERNATIONAL FILM FESTIVAL , 2012
-PREMIO AO MELLOR ACTOR, KACEY MOTTET KLEIN, E MELLOR DIRECTORA NO BUSTER INTERNATIONAL CHILDREN'S FILM FESTIVAL , 2012 
-PREMIO AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ATENAS, 2012 
-PREMIO OSO DE PRATA AO MELLOR FILME, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BERLÍN, 2012


SINOPSE

Cun emprego e unha vida precaria, Louise vive nun bloque de pisos aos pes dunha luxosa estación de esquí. Tamén mantén o seu irmán, así que cada día sobe á estación de esquí para lles roubar aos turistas ricos. A chegada dun traballador temporal británico á estación fará que muden as cousas. 

URSULA MEIER

Guionista, actriz e realizadora nada en 1971 en Besançon (Francia). Entre 1990 e 1994 cursa estudos de Cine no Institut des Arts de Diffusion (IAD) de Bélxica, especializándose en dirección. O éxito da curtametraxe de fin de curso Le songe d'isaac e logo Des heures sans sommeil permítenlle proseguir coa súa carreira como cineasta mentres traballaba paralelamente como segunda asistente en dous filmes de Alain Tanner: Fourbi e Jonas et lila, à demain. Ela alterna entre curtametraxes de ficción e documentais con temáticas singulares e universos moi diferentes. Os seus traballos acadan numerosas distincións en festivais internacionais. Debuta na longametraxe con Home (2008). 
Este é o seu último traballo.

Podedes ollar o tráiler subtitulado en español: www.dailymotion.com/video/x16sj5w_sister-trailer-espanol_shortfilms

Posted by
Fernando Llor

+Info

5 Cámaras rotas

«5 BROKEN CAMERAS » (5 CÁMARAS ROTAS)
Francia/Israel, 2011
VOSC · Cor • 90 min.




*PREMIO IDFA ESPECIAL DO XURADO E PREMIO DO PÚBLICO. HOLANDA, 2011.
*PREMIO MELLOR DIRECTOR DE DOCUMENTAL. EUA, NO FESTIVAL DE CINE DE SUNDANCE, 2012.
*PREMIO DEL PÚBLICO NO SHEFFIELD FESTIVAL DOCUMENTAL DO REINO UNIDO, 2012.
*PREMIO MELLOR LONGAMETRAXE DOCUMENTAL, NO FESTIVAL DE CINE DE XERUSALEM, 2012.
*PREMIO DO XURADO MOZO NA X MOSTRA DE CINE E DEREITOS HUMÁNS, DE ZARAGOZA, 2013.

SINOPSE

Emad é un mozo palestino afeccionado ás cámaras domésticas. Vive en Bil'in, ao oeste da cidade de Ramala, en Cisxordania. No 2005 chegan as escavadoras israelís para construír un muro que delimitará o perímetro dun xigantesco asentamento xudeu. Coa súa cámara el grava estes primeiros movementos. Cinco anos e cinco cámaras de vídeo faranlle falta para rexistrar a historia da resistencia do seu pobo á opresión israelí. En paralelo, o crecemento do seu fillo, nado nos primeiros días do movemento cidadán.

EMAD BURNAT

Guionista, fotógrafo, produtor e realizador palestino. Ten traballado para varias canles de televisión como Al Jazeera, as Canles 1, 2 e 10 israelís, na Televisión Palestina e, en múltiples ocasións, tamén para a axencia Reuters. O seus traballos, teñen sido utilizados para varios documentais sobre o conflito israelí-palestino, pero este é o seu debut como director. É o seu último traballo.

GUY DAVIDI

Guionista, editor, fotógrafo, produtor e realizador nado 1978 en Jaffa (Israel). Traballa como documentalista e profesor de cine. Traballa no ámbito cinematográfico dende os dezaseis anos. Tras as curtametraxes documentais In Working Progress (2006), A Gift from heaven (2009), Zramim Ktu’im, Keywords e Women Defying Barriers (2010), debuta na longametraxe con Interrupted Streams.

Este é o seu último traballo.

podedes ollar o tráiler en: http://www.youtube.com/watch?v=vsehpml9jGI

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger