RAFEA Y EL SOL (RAFEA E O SOL)
USA 2012
76minutos/ COR V.O.S.C.

-PREMIO DO PÚBLICO E PREMIO ESPECIAL DO XURADO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE DOCUMENTAIS DE NOVA YORK, 2012
-PREMIO MELLOR FILME, NO WIFF, CANADÁ, 2012
-PREMIO XUSTIZA GLOBAL OXFAM, IDFA, PAÍSES BAIXOS, 2012
SINOPSE
Rafea, unha muller beduina que vive con catro fillas nunha vila do deserto de Xordania, na fronteira con Irak, ten a oportunidade de viaxar á India para asistir ao programa do Barefoot College, onde mulleres analfabetas de todo o mundo acadan formación durante seis meses para ser inxenieiras solares. Se todo vai ben, poderá electrificar a súa vila, formar a outras persoas e manter as súas fillas.
JEHANE NOUJAIM
Directora, fotógrafa, guionista, produtora e montadora nada no Cairo, en 1974. Iníciase profesionalmente como fotógrafa, máis tarde múdase ós Estados Unidos a estudar cine e filosofía en Harvard. Ten traballado como directora e produtora de filmes como Startup.com (2001), Control Room (2004), The Square (2013). Al midan (2013), é o seu último traballo.
MONA ELDAIEF
Directora, guionista e fotógrafa nada no Cairo. Creceu nos Estados Unidos onde estudiou Ciencias Políticas e Fotografía. Ten traballado como directora de fotografía nos documentais A Wedding in Ramallah (2002) e Her Name Is Zelda (2003). O seu último traballo como directora é Independent Lens (2012), unha serie para a televisón.
podedes ollar o tráiler en: http://www.youtube.com/watch?v=OkJ-_cImZ2o
Posted by
Fernando Llor


